Xogo con robots feitos con material de reciclaxe, un taboleiro e cartas coa programación
Misión:
Enviamos os nosos robots a un novo planeta para axudar na construción dunha cidade que poida ser habitable polo ser humano nun futuro próximo.
Mentres os robots descendían en paracaídas, houbo un accidente e a mercancía quedou perdida polo planeta. Os robots recuperados, deberán buscar a mercancia e levala á cidade, para iso cada programador/a deberá indicarlle a secuencia de ordes correcta para que poidan realizar a misión.