A quen non lle gustaría falar coas máquinas e que estas o entendesen? Este vai ser un dos retos do proxecto de robótica deste curso.
Co proxecto Ola Mundo! achegarémonos ao mundo da tecnoloxía, da programación e da ciencia con propostas que combinen aprendizaxe e xogo.
O BeeBot, foi o primeiro robot que se presentou no centro, trátase dun pequeno robot con apariencia de abella que se programa dende unha botoneira. Os alumnos/as de 6º crearon dous taboleiros na aula de plástica para poder interactuar con el.
Os taboleiros que se van creando están a disposición de todo o centro na biblioteca.
1.- QUE EMOCIÓN XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!
Os alumnos/as de 6º presentan o taboleiro
Alumnos/as de 1º interactuando co robot
Tamén creamos un segundo taboleiro para traballar as árbores e froitos do outono:
2.- OS TESOUROS DO OUTONO
Os rapaces de 5º e 6º debuxaron distintos froitos desta época do ano como actividade en plástica, traballando distintas técnicas de coloreado e en lingua galega escribimos as descricións dos mesmos para crear unhas cartas que forman parte do xogo.