Hoxe desprazouse ao Auditorio o alumnado e as mestras de EI para desfrutar da representación "Pingüín".
Obra premiada ao mellor espectáculo no World Arto Festival of Puppets de Praga en 2004 e Premio á mellor proposta dramática na Fira de Titelles de Lleida no ano 2000.
Esta obra aborda o tema da difícil situación á que se enfrenta un neno cando ten que compartir o cariño e a atención da súa familia cun novo irmán que chega. O noso "príncipe destronado" deberá superar esta proba dándose conta de que gañou unha amizade para toda a vida.
Aprender a compartir e madurar coma persoas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WhatsApp Image 2024-04-29 at 11.34.41.jpeg | 985.23 KB |