Skip to Content

Responder ó comentario

Obradoiro de Robótica

Guía de montaxe dun robot mBot en pdf

Guia montaxe mbot pasos 1-41º Comezamos desembalando as pezas e identificamos os elementos que o compoñen:

  • Unha placa base chamada MCore  con conectores e portos, leds, sensores, un zumbador, interruptor, etc, que é o cerebro do robot.
  • Un chasis
  • 2 Motores
  • 2 Rodas con cadanseus zapatiños
  • 1 Mini roda auxiliar
  • Un sensor segue liñas e un de ultra sons
  • 1 Módulo Bluetooth
  • Batería de litio e caixa porta baterías
  • Cables
  • Parafusos, porcas e 1 desaparafusador.

2º Montamos os motores, para iso precisamos 4 parafusos longos e as porcas.

Mentres, poñémoslle os zapatiños ás rodas. 

Cando estean os motores aparafusados, colocamos as rodas con parafusos autoperforantes M2x9

3º Xiramos o chasis e na parte frontal colocamos o sensor seguidor de liña e a mini roda auxiliar centrado nos buratos do medio. Empregamos 2 parafusos M4X8, cambiamos o desaparafusador ao modo Allen

 4º De seguido aparafusaos o sensor de ultrason na parte dianteira con 2  parafusos de cabeza allen m4x8

montaxe mbot pasos 5-8

5º Colocamos os cables nos conectores e sacamos os cables polo oco do chasis á espera de montar a placa.

6º Collemos a MCore, abrímola e colocamos con moito coidadiño o módulo Bluetooth. Ollo ao encaixar os pins! Volvemos a encaixar a cuberta. 

7º Agora introducimos a batería de litio no soporte, sacando o cable pola fendedura lateral da caixiña e volvemos a pechala.

8º Encaixámola na parte inferior da placa.

9º Aparafusamos a MCore ao chasis,  cos 4 parafusos M4x8

10º E por último conectamos os cables e xa estaría montado o robot:

  • Conectar motores e batería.
  • Conectar o sensor de Ultrasons ao porto 3
  • Conectar o segueliñas no porto 2
  • Conectar a matriz LEDs no porto 1

Agora só temos que probalo ;-)

Responder



by Dr. Radut