Skip to Content

Articles

As árbores alimentan en LSE

Poesía en Lingua de signos

O alumnado de 3º signa e recita o poema "As árbores alimentan" en Lingua de Signos, un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.   

As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.

Voces: Alicia, Jimena, Saúl, Rubén, Bryan, David, Bruno e Anna.

Música: O camiño dos paxaros de Magín Blanco. Álbum Camiños

EMPRENDER E APRENDER A TRAVÉS DA IMPRESIÓN EN 3D

Día Internacional da Muller

O alumnado de 6º de EP deseña e imprime pezas en 3D con temática do 8M. De entre todas as pezas eliximos o deseño de Benjamín e imprimímolo para agasallar á todo o alumnado e ao persoal do centro.

peza de Benja

En plástica deron forma aos seus deseños usando o programa Tinkercad, coa impresora 3D o alumnado Crea, Deseña e Imprime.

peza en 3D

 

ROSALÍA PEQUENIÑA EN LINGUA DE SIGNOS

Día de Rosalía

Alumnas e alumnos de 3º de Educación Primaria celebran o Día de Rosalía signando estas estrofas de "Rosalía Pequeniña" do Álbum musical de Uxía.

Na clase de Lingua Galega foméntase a adquisición de vocabulario básico en LSE como apoio á comunicación oral. A súa aprendizaxe desenvolve habilidades comunicativas, mellora a expresividade, aumenta a memoria e o alumnado desfruta signando.

Rosalía pequeniña LSE

Signan: Rubén, Bruno, Breixo, Saúl, Jimena e Olivia.

Voces: Breixo e Olivia

Gravación do vídeo: Dani

 -  Máis actividades do día de Rosalía no Blog da Biblio: Lecturas por sorpresa

 

TALLER DE DISFRACES

Taller Creativo de Entroido con temática de Cociña

Esta actividade está encadrada no Proxecto sobre Cociña que desenvolvemos durante o curso. O alumnado recortou plantillas, seguíu patróns, pegou pezas, pintou e coseu para elaborar os seus disfraces e complementos de Carnaval.

entroido vistahermosa

Os disfraces estaban todos relacionados co  PDI "A Cociñar" Os disfraces escollidos en cada clase foron:
-En Educación Infantil e 1º de EP: Cociñeiras/os e Chefs
 Elaboraron os gorros, nun taller de recortado.
- Os de 2º de EP ían de Ovos fritidos con patacas e Ketchup
Entregouselle unha plantilla a cada nena/o para o ovo, patacas e ketchup e eles recortaron cada elemento. Os mestres pegaron con silicona todos os alimentos nun chaleco tamén feito de goma eva.
pegado silicona    disfrace montado  
-En 3º EP desfilaron os polbos coa "Pulpeira de Arcos" 
Con diferentes formas de globos para a cabeza, ollos e tentáculos. Os rapaces e rapazas pintaron nos globos os ollos e as ventosas. Non faltaban as pulpeiras do Carballiño e o pote móbil.
pulpos
- Os de 4º  ían de camareiras e camareiros.
Levaban nas súas bandexas diferentes consumicións: copas, bebidas, pratos...
- Os de 5º ían de menú do Restaurante McDonald's.
Con material de reciclaxe elaboraron disfraces de caixa de Happy Meals e distintos menús: pizzas, hamburguesas, patacas...
- Os de 6º eran m&m's, as chuches máis diversas
Debuxaron e recortaron en goma eva: o logo dos emanems, os ollos, a boca e as cellas con diferentes expresións. Coseron estas pezas nas camisetas, dándolles unha segunda vida á prenda (upcycling. Tamén elaboraron vistosas pancartas para abrir o desfile.
cosido disfrace cosendo disfrace
 
   disfrace
 

HOXE COCIÑAMOS NÓS!

Filloas de Entroido

As filloas,  son tamén protagonistas da festa do Entroido. As auténticas, prepáranse nunha tixola de ferro ou filloeira, pero como no cole non temos diso fixémolas cunha placa eléctrica de facer gofres.

As rapazas e rapaces de 3º de EP aprenderon a cociñar unhas saborosas filloas.  

filloas de entroido

Todas as fotos na galería

Actividade programada no PDI A Cociñar.

Con diferentes actividades en torno á canción de Mamá Cabra "Filloas":

1-Exercicios para completar a letra da canción.

2-A receita para incentivar o pracer pola lectura comprensiva e pola cociña. 

 

 

ABNVistahermosa

 O escornabot sae de Entroido pola provincia de Ourense para colocar cada personaxe na súa localidade. Aprendemos moito cos Bolechas.
escornabot de Entroido

pemento lendo

ILUSTRACIÓN CREATIVA

Con esta actividade o alumnado de 1º de EP converte diferentes vexetais en personaxes das súas historias- vístenos, píntanos, engádenlle complementos...- e fotografían a escena.

Cando asociamos os alimentos a actividades divertidas como son o xogo e a lectura estamos  fomentando o consumo de alimentos saudables e nutritivos.

froita 

Mamá pataca e o seu bebé ao estilo do libro: Que tal, vexetal? Alimentos con sentimentos de Joost Elffers. 

 

O parrulo feo de  Hans Christian Andersen é un conto clásico-contemporáneo sobre un parrulo diferente. 

champis 

O parrulo feo e os seus irmáns.

Creamos historias: Secuencia dun partido de baloncesto

cenoria

Este xogador de baloncesto mancouse

cenoria

Pero xa pasou pola enfermería e xa está curado

 PDI - A cociñar

Conto de Nadal, buscando a inspiración!

Exercicio de escrita creativa.

O alumnado de 3º de EP transformou o conto de Nadal "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis" nunha historia totalmente diferente. 

Cun encabezamento común: Cando Martiño espertou á véspera de Reis, asomouse á ventá do seu cuarto e saudou todo contento a....

O día antes de Reis, quen pode aparecer na casa de Martiño? Que aventuras vivirá? 

A máquina de escribir

A máquina de escribir de Tom McLaughlin

Unha historia sobre o poder de debuxar e imaxinar historias. Este conto transmite dunha forma positiva o que é a dislexia e o potencial creativo que todo neno/a leva no seu interior. 

Música: A máquina de escribir de Leroy Anderson

maquina escribir

Novembro, mes da ciencia

"Recuncho científico" creado na biblioteca ofrece unha selección de libros con experimentos, contos sobre ciencia, xogos de enxeño, preguntas e respostas curiosas. Algúns dos experimentos realizados transpasaron a porta das aulas e compartíronse con outras clases.
Estas son unha mostra dalgunhas actividades científicas realizadas neste mes:
 
- Actividades científicas coa luz, a cor, o son, os sensores de ultrasóns e no laboratorio.
nov mes da ciencia
 
- Que pasa cando metemos uvas pasas en gaseosa?
- Que pasa cando metemos un ovo ou un óso de polo en vinagre?
- Globo explosivo (Con ácido de laranxa).
- Lámpada de lava (Con auga, aceite e pastillas efervescentes).
- Microscopio para buscar números (Recipiente transparente, plantilla de números e un vaso de cristal). 
- Area cinética - Area da lúa (Fariña, aceite de bebé e purpurina).


by Dr. Radut