Contactamos contigo para achegarvos información da vosa participación na 4ª edición do Concurso Pilabot.
- O concurso comeza o vindeiro 11 de xaneiro de 2023.
- Cada centro participante contará con 6 semanas lectivas de participación, mais non todos os centros comezan o mesmo día, se non que se realizará por fases (os que comezan antes rematarán antes o seu periodo de participación, e os que comezan máis tarde, tamén rematarán máis tarde).
- Tal e como se indica nas bases legais, RECIBIREDES UNHA COMUNICACIÓN CUNHA MARXE DE 2 DÍAS INDICANDO CAL É O PERÍODO DE PARTICIPACIÓN DO VOSO CENTRO, que virá marcado pola data de entrega do contedor de recollida xeral de pilas no centro.
- A entrega de materiais xa comezou (caixas individuais para o alumnado, cartelería, benvida docente e a funda para o contedor) pero non será ata o momento no que se entregue o contedor cando comece o voso periodo de participación. Polo tanto, O MATERIAL TODAVÍA NON SE PODE ENTREGAR AO ALUMNADO! Estes materiais son para empregar desde o día no que se faga a entrega do contedor grande de recollida de pilas ao voso centro.
- En relación aos talleres didácticos, xa se realizou o sorteo para designar os 50 centros nos que se impartirán.