Hoxe recibimos a visita de dúas compoñentes da cooperativa de dinamización rural Camiño Circular, que nos trouxeron as súas caixas de produtos 100% estradenses, recollidos directamente dos seus colaboradores. Foi un obradoiro de concienciación sobre a produción local e o consumo de proximidade, titulado Eu como do local.
Ademais, participaremos no concurso creativo que van organizar no mes de decembro co obxectivo de concienciar sobre unha alimentación saudable de proximidade e respectuosa coa contorna. O concurso titularase A Estrada Creativa: Eu como con ollo, e ti? e organizarase en catro modalidades: debuxo, canción, poesía e narrativa. Os centros poderemos elixir as modalidades nas que queiramos participar.
Ide ás Galerías para ver as fotos do obradoiro.
- Xornais.