Onte, 21 de xullo, saíron publicadas no BOP da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2021/2022. Estas axudas están dirixidas a familias en situación de dificultades socioeconómicas e contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.
Trátase de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado matriculado no segundo ciclo de educación infantil.
O prazo para a súa presentación estará aberto desde o día 22/07/21 ata o 10/09/21 (ambos os dous días incluídos).
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou a través do Rexistro de Entrada do Concello en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:00 horas).
Descargar anexos:
- Anexo I_ solicitude
- Anexo II_ declaración responsable
- Anexo III_ declaración doutras axudas
- Anexo IV.1_certificado ANPA
- Anexo IV.2_certificado CEIP
Aínda que o gasto non está feito, pódese presentar a solicitude co resto da documentación que se require nas bases e logo presentar a factura cando se realice o gasto.