Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 21-22

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022.

 

  

SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño.

 

No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ deben descargar o ANEXO I e o ANEXO II.

 

Poden cubrilo en pantalla e logo deben imprimilo e asinalo. Non olviden asinar o ANEXO II, cada membro da unidade familiar asina na súa casilla.

 

O sistema de solicitude preferente segundo a Orde da Xunta de Galicia é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, coa Chave 365 ou Certificado Electrónico. O que permite completar o trámite e rexistralo sen necesidade de envialo ao centro.

 

Non olviden incluir a documentación precisa:

 

- Copia do libro de familia que contenga todas as páxinas da unidade familiar (pais e fillos).

 

- ANEXO II que deberán imprimir e asinar cada membro da unidade familiar para logo escanealo asinado e cargalo na documentación.

 

Segundo a situación familiar:

 

- Caso de separación ou divorcio dos proxenitores: Xustificación xudicial que reflicta a guarda e custodia dos fillos. (sentenza, convenio regulador, etc)

 

- Se non ten libro de familia, documentación individual que identifique a cada membro da unidade familiar (Partidas de nacemento, DNI ou NIE ou similar)

 

- Outras causas: segúndo o caso se lle informará no teléfono do centro 881880447 da documentación que precisa achegar.

 

 

 

 

 

PRODUTOS FINAIS DO RETO DE ABRIL

Durante o mes de abril Pingüi propúxonos coñecer máis sobre os animais e as plantas que nos rodean e a nosa biodiversidade. Puxémonos mans á obra e elaboramos un libriño para a biblioteca e tamén uns murais para a cortiza de entrada do cole. Mirade, mirade...

CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

 

 

O CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel  atópase no Concello de Carral na Rúa Juan Seijas s/n. 

É de xornada única (luns a venres de 09:20 a 14:20h) e conta con servizos de mañanceiros, comedor escolar, transporte escolar e actividades extraescolares.

O noso IES de adscripción é o IES de Carral (para o alumnado que pasa de 6ºEP a 1ºESO) e temos adscrito o CEIP de Tabeaio (para o alumnado que cursa 2ºEP nese centro e quere continuar aquí os seus estudos).

 

Dende aquí podedes velo en street view (google maps):

E se queredes coñecelo por dentro, aquí tendes un percorrido virtual:

DÍA DO LIBRO

Quixemos homenaxear aos libros no seu día coa seguinte intervención artística. Entre todo o cole recreamos a obra de Jorge Méndez Blake "O impacto dun libro" ou "O castelo" decorando os nosos propios ladrillos de cartón que representan os mapas lectores de cada clase. Desta maneira cada caixa encheuse de personaxes de conto, de citas literarias, de frases motivadoras... Tamén fixemos unha reflexión sobre o que nos transmitía a obra e o que representaba. Este foi o resultado, esperamos que vos guste, que desfrutedes da instalación artística e que os libros vos axuden a destruír os muros xa que ás veces as cousas pequenas son así de poderosas: feliz Día do Libro! 

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias.

En relación coa listaxe provisional do proceso de admisión para o noso centro para o vindeiro curso 2021-2022, informamos de que todo o alumnado solicitante está admitido.

Seguindo as instrucións da dirección xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2021-2022, poden consultar o listado de admitidos e excluidos: 

  • Presencialmente: única e exclusivamente na cristaleira situada no patio cuberto do recinto escolar.
  • Telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital

Nota informativa URXENTE

Estimadas familias:

Como saben o pasado 24 de marzo recibimos a resposta afirmativa e sen data de aplicación, á nosa solicitude de comedor dos venres, e o 26 de marzo do cambio de horario lectivo.  Dado que só faltan dous meses para rematar o curso, o equipo directivo decidíu, por motivos  pedagóxicos, sanitarios e organizativos de docencia, comedor e das familias; pospoñer a aplicación destes cambios ata o vindeiro curso 21-22.A dirección do centro enviou un escrito á Recursos educativos e complementarios, explicando os motivos anteriormente nomeados  coa confianza de poder rematar o curso co horario e organización actual.O día 13 de abril, recibimos instrucións precisas de Inspeción educativa de aplicar o novo horario e  o servizo de comedor o 16 de abril. Informamos do novo horario no arquivo adxunto. Dende o equipo directivo agardamos que pese ao precipitado desta medida poidan organizar a vida familiar o resto do curso.Agradecemos de antemán a súa colaboración. Reciban cordial saúdo. A dirección.

Solicitude de comedor e transporte escolar para o curso 2021-2022

Abríuse o prazo de solicitude dos servizos de  comedor e transporte. O prazo de presentación de solucitudes remata o día 30 de abril.

Dispoñen dos impresos nesta mesma páxina web.

RETO DE MARZO: MULLERES ECOLOXISTAS.

Este é o resultado final do reto de marzo que lanzou Pingüi dende a biblioteca: CON M DE MULLER. Velaquí as biografías de mulleres ecoloxistas que fixeron os nenos e nenas do cole despois da pertinente búsqueda de información. Tomádevos un tempo para coñecer algúns referentes femininos relacionados co coidado do medio ambiente e a ciencia que nos sirven de exemplo para seguir avanzando no camiño da igualdade. Picade no centro da imaxe para desplegar a revista, merece a pena. Excelente traballo! 

Nota informativa:

Despois de moitos intentos, o noso centro, CEIP Vicente Otero Valcárcel, dispondrá dun serizo de comedor completo.

A solicitude de ampliar o comedor tamén os venres, foi concedida. Disfrutaremos do servizo de comedor de luns a venres.

Estamos de noraboa.

Seguiremos informando.

A dirección.

RETO DE FEBREIRO: A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

No mes de febreiro entre todo o cole estivemos recollendo información sobre a contaminación acústica tal como nos propuxo Pingüi. Lede con atención a seguinte presentación porque os nenos e nenas dannos moi bos consellos para rebaixar o ruído e evitar os problemas de saúde derivados del. Que vos parece? Animádesvos?  

8 DE MARZO EN INFANTIL

Aquí vos deixamos os traballos dos nenos e nenas de Educación Infantil polo día 8 de Marzo, cos seus debuxos e as súas palabras fan unha pequena homenaxe ás mulleres importantes da súas vidas. Picade nos enlaces para velos.

ADMISIÓN CURSO 21-22

 A continuación poderán encontrar a documentación coa información sobre as vacantes dispoñibles o calendario e documentos correspondentes para a súa cobertura no proceso de admisión para o vindeiro curso 21-22.

IMPORTANTE DEBERÁ SOLICITARSE CITA PREVIA A TRAVÉS DO TELÉFONO PARA PODER FACER ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN.  

É TEMPO DE ENTROIDO!

Aquí deixamos unhas imaxes do que foi a celebración dun Entroido atípico. Desfrutade na medida do posible e grazas a todos/as pola vosa colaboración e participación. Seguimos! 

Distribuir contenido


by Dr. Radut