Skip to Content

Recollida solidaria e intercambio de postais

A semana pasada levouse a cabo una recollida solidaria no noso centro coa colaboración do Concello de Carral. O alumnado deseñou postais para poder intercambialas por produtos típicos de Nadal, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e aseo persoal. Todos os alimentos recadados foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Carral.

Dende o claustro de profesorado queremos agradecer a vosa solidariedade xa que recolleuse unha gran cantidade de produtos.

Desfrutade das fotografías que están na nosa Galería.

  

Consello da Infancia

Ola familias!
O pasado día 19 de novembro constituíuse o Consello da Infancia do CEIP Vicente Otero Valcárcel. Aquí podedes ver unha mostra do que vivimos. Ademais, tedes o álbum completo de fotografías na Galería do centro. Agardamos que sexa do voso agrado.
 

Distribución de máscaras

Atópase publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, en relación á distribución de máscaras, no taboleiro de anuncios que está no vestíbulo do centro. O prazo de reclamacións son os días 30 de novembro e 1 de decembro.

A listaxe definitiva publicarase o día 2 de decembro.

Actividades para o Nadal 2021

Adxúntase o tríptico de actividades para o Nadal proposto polo Concello de Carral, así como unha circular informativa sobre o Obradoiro de Nadal.

Conmemoración do 25 N

Aquí podedes visionar as imaxes da lectura das poesías que realizou hoxe alumnado do noso centro contra a violencia de xénero, así como as súas aportacións a nivel de aula.


Eleccións ao Consello Escolar 2021. Candidaturas.

Na reunión da Xunta Electoral celebrada hoxe ás 17:45 horas proclamáronse as candidaturas para representar ao profesorado,ás familias e ao persoal de administración e servizos no Consello Escolar do centro.

As relacións de nomes dos/das candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos, son as seguintes:

 

SECTOR PROFESORADO:

1. Bello Novo, Lidia

2. Meijide Cao, Manuel Ángel

3. Meneses García, María Pilar

4. Sánchez Gómez, Mónica

5. Sánchez Prieto, Iria

 

SECTOR FAMILIAS:

1. Allegue Ferrón, Pedro Luis

2. Bello Vázquez, Sandra

3. Lozano Gómez, María Yolanda

4. Martínez Rama, Tatiana

5. Meijide Morandeira, María Isabel

6. Rodríguez Rodríguez, Carlos

7. Ruibal García, Lucía

8. Souto López, Graciela Victoria

 

SECTOR PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

1. García García, Iván

 

Recordámoslles que as votacións das familias serán o luns 22 de novembro de 13.00h a 17.00h no vestíbulo do centro.

 

Días non lectivos. Curso 2021-2022.

Informamos de que os días non lectivos concedidos para o presente curso académico son: o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022.

Distribución de máscaras

Adxuntamos a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, así como os respectivos anexos para presentar a solicitude.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22 non ten que presentar a solicitude.

Poderán presentar solicitude, aquel alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22, pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude será única para todos os fillos. Deberase presentar cumprimentado o formulario (ANEXO I) e a seguinte documentación (ANEXO II, copia do libro de familia, certificado do grao de discapacidade).

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador, onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables presentando un certificado ou volante de convivencia ou un informe dos Servizos Sociais.

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Unicamente de forma presencial no centro educativo con cita previa.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios que está no vestíbulo e avisarase por Abalar da súa publicación.

 

 

 

Magosto-Samaín 2021

Ola familias!!

Xa tedes a vosa disposición unha nova sección na nosa páxina web, a nosa GALERÍA DE IMAXES!! 

Aquí tedes as fotos da celebración do Magosto e do Samaín da semana pasada. Esperamos que sexan do voso agrado! Se queredes seguir vendo imaxes das celebracións e das actividades levadas a cabo no centro só tedes que ir a parte superior da páxina web e premer en Galería.

 

 

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Magosto-Samaín 2021

Circular Informativa sobre as eleccións ao Consello Escolar

Nos arquivos adxuntos teñen a convocatoria na que se explica o desenvolvemento para a elección dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar, así como o formulario de presentación de candidaturas. 

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do vestíbulo do centro para a súa consulta.

Eleccións Consello Escolar

Adxúntase a circular coa información para a constitución da Xunta Electoral.

 

VIDEOTITORIAL RECIPIENTE MAGOSTO

Aquí tedes o vídeotitorial do recipiente para o Magosto!!! Esperamos que vos sexa de utilidade.

 

Certame de Microrrelatos de Terror

Adxúntanse as bases do Certame de Microrrelatos de Terror. O prazo de presentación de textos estará aberto dende o día 20 de outubro até o 8 de novembro de 2021.

 

 

BIBLIOTECA EXTRAESCOLARES

Estimadas familias:

Aquí tedes o cartel informativo onde se explican as normas de funcionamento da Biblioteca en horario de tarde. É necesario pedir cita previa con 24 h de antelación xa que o aforo será limitado para asegurar a distancia de seguridade e manter os grupos estables de convivencia, cumprindo así coas directrices marcadas no Protocolo COVID.

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut