Skip to Content

Convocatorias eleccións ao Consello Escolar

Infórmase á comunidade educativa da publicación da convocatoria na que se explica o desenvolvemento para a elección das persoas representantes dos distintos sectores ao Consello Escolar (familias, profesorado e persoal de administración e servizos). Nos documentos adxuntos tedes os formularios de presentación de candidaturas. 

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do vestíbulo do centro para a súa consulta.

 

INFORMACIÓN ANPA

Deixamos a vosa disposición a seguinte documentación

- Información da reunión levada a cabo o 25 de outubro:

 

- Enlace para a inscripción nas actividades extraescolares dos venres (break dance e xadrez):

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScrmXETgQdmfTqWu-5EtnTzVhq1vT_NzP3KKi5mspiHJDIT4A/viewform?usp=sf_link

 

- Enlace para a posible inscripción para o seguro de accidentes: 

https://docs.google.com/forms/de/1FAIpQLSd5mgsY_FBfFPp4uRUquCWyPvuMKz-hB4fWNE9qReOZqUyDaw/viewform?usp=sf_link 


Aquí tedes as condicións de dito seguro.

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Este 24 de outubro, no que se celebra o Día das Bibliotecas, tivemos unha gran sorpresa no cole. Ao chegar ao centro, no vestíbulo, atopamos unha maleta moi chula con moitos libros no seu interior e ao seu redor. Poidemos botarlle un ollo e vimos algúns títulos como "Visitando el museo", "Mi libro de arte" ou "Carmen Amaya". 

Ao voltar do recreo, atopámonos con outra sorpresa: Pingüi, quen está recorrendo moitas cidades do planeta camiñando, enviounos un vídeo. Díxonos que estaba descubrindo cousas marabillosas e que quería compartilas con nós. Por iso, propúxonos un reto: tivemos que buscar nas aulas unha letra escondida e levala ao vestíbulo para que, os maiores do cole as xuntaran e así poder descubrir a frase escondida. Esta frase resultou ser o título que nos propón Pingüi para o proxecto documental integrado (PDI) deste curso escolar, sobre o que teremos que investigar.

No caso de Educación Infantil, tivemos que buscar as distintas pezas que formaban parte dun qrebacabezas coa imaxe de Pingüi cheo de cousas. Por que tería todas esas cousas colgadas e agarradas?

 Finalmente, puidemos descubrir o título do PDI que levaremos a cabo este ano: "CON OLLOS DE ARTISTA".

Agora tócanos comezar a investigar e a descubrir o mundo cunha nova mirada... Con ollos de artista!

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS de Nerea Paz

14 de outubro. Día das escritoras

O pasado 14 de outubro celebrouse o día das escritoras. Nós, baseándonos e inspirándonos na obra da autora local Lucía Ugarte, quixemos dedicarlle uns versos a distintas escritoras que coñecemos. Aquí podedes ver algunhas fotografías da exposición destes traballos.

 

14 de outubro Día das escritoras de Nerea Paz

Xunta Electoral

No día de hoxe realizouse o sorteo para seleccionar ás persoas integrantes da Xunta Electoral do noso centro. As persoas titulares e suplentes de cada sector (profesorado, familias e persoal de administración e servizos) serán contactadas estes días e os resultados poden consultarse no taboleiro do centro.

Portas abertas ANPA

 

 

Se queres participar, cubre o seguinte formulario.

Sorteo Xunta Electoral

Este curso escolar toca renovar parcialmente o Consello Escolar e por iso, este mércores 16 de outubro ás 12:00 no comedor pequeno terá lugar o sorteo público para a designación das persoas integrantes da Xunta Electoral que regulará dito proceso.

 

 

Reunión iniciais Educación Primaria

Compartimos a información sobre as reunións de Educación Primaria.

Reunións centro 24-25 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Xornada Come Local 2024

Toda a comunidade educativa está invitada a participar no evento de Come local que terá lugar o sábado 21 en Ponteareas. Aquelas familias interesadas teñen que enviar un correo electrónico indicando o número de asistentes a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal (sinalar nome, apelidos e curso do alumno/a).

Deixamos o programa do evento!

 

Merendas saudables

Dende o Equipo de Medio Ambiente e Saúde e coa colaboración do Departamento de Educación Física do centro, este curso imos implementar un calendario semanal de merendas saudables e iguais para todo o alumnado do centro. Pregamos que, dende a casa, colaboredes ao máximo posible nesta nova rutina. Tedes máis información a continuación:

 

Información incio de curso

Prezadas familias, o mércores 11 comeza o curso 2024/2025. Aquí tedes un documento con información importante da organización do centro.

INFORMACIÓN FAMILIAS 2425.pdf de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Reunións iniciais 5º e 6º EI

Compartimos a información sobre o resto de reunións das aulas de Educación Infantil (as de Primaria compartiránse próximamente) que terán lugar o vindeiro luns 9 nas aulas.

 

Reunións iniciais 4º Educación Infantil

Deixamos a información das reunións inciais de 4º de Educación Infantil (o resto compartiránse nos vindeiros días). As persoas titoras poñeránse en contacto coas familias nestes días para confirmar o grupo e o horario.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut