Skip to Content

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Este 24 de outubro, no que se celebra o Día das Bibliotecas, tivemos unha gran sorpresa no cole. Ao chegar ao centro, no vestíbulo, atopamos unha maleta moi chula con moitos libros no seu interior e ao seu redor. Poidemos botarlle un ollo e vimos algúns títulos como "Visitando el museo", "Mi libro de arte" ou "Carmen Amaya". 

Ao voltar do recreo, atopámonos con outra sorpresa: Pingüi, quen está recorrendo moitas cidades do planeta camiñando, enviounos un vídeo. Díxonos que estaba descubrindo cousas marabillosas e que quería compartilas con nós. Por iso, propúxonos un reto: tivemos que buscar nas aulas unha letra escondida e levala ao vestíbulo para que, os maiores do cole as xuntaran e así poder descubrir a frase escondida. Esta frase resultou ser o título que nos propón Pingüi para o proxecto documental integrado (PDI) deste curso escolar, sobre o que teremos que investigar.

No caso de Educación Infantil, tivemos que buscar as distintas pezas que formaban parte dun qrebacabezas coa imaxe de Pingüi cheo de cousas. Por que tería todas esas cousas colgadas e agarradas?

 Finalmente, puidemos descubrir o título do PDI que levaremos a cabo este ano: "CON OLLOS DE ARTISTA".

Agora tócanos comezar a investigar e a descubrir o mundo cunha nova mirada... Con ollos de artista!

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS de Nerea Paz



blog | by Dr. Radut