Skip to Content

Blogs

Comezamos! Club de lectura "Faragullas de papel"

Hoxe, 11 de novembro, tivemos a nosa primeira sesión do club de lectura "Faragullas de papel" deste curso. 

Presentámonos, falamos de que nos levou a participar no club de lectura e conversamos sobre lecturas, tipo de libros que nos gusta ler, e ata tivemos unha visita moi especial, unhas ex compañeiras fundadoras e participantes do noso club de lectura que este ano están xa no IES,...

Falamos do teatro, xénero protagonista este ano do cartel das Bibliotecas Escolares de Galicia. Observamos, analizamos e interpretamos as imaxes do cartel, compartimos o que sabemos sobre o teatro, descubrimos algunha cousiña nova  e presentamos o 1º libro deste curso: Wombo Combo, unha obra teatral de Paula Carballeira ilustrada por Paula Chesire. 

Descubrimos tamén algunhas outras historias da mesma autora así como outros libros de teatro cos que contamos  na nosa biblioteca .

Finalmente elaboramos un logo do club e fixemos chapas con el. 

ESCENA I de Teacher Marta

Animación club de lectura Faragullas de papel.

O pasado mes de outubro xuntámonos para presentar o noso club de lectura “Faragullas de Papel” ás nenas e nenos de 5º e 6º de primaria.

Na presentación para o alumnado de 6º compartimos a historia de Amani, de Miguel Anxo Prado, para animar aos nosos rapaces a unirse ao club de lectura e ser diferentes, ao igual que Amani.

A presentación ao alumnado de 5º correo a cargo de varias nenas de 6º, que lles contaron sobre o que acontece cando lemos coa historias “Cando leo”, de Eva Mejuto. Compartiron tamén algunhas das cousas que pasan cando lemos no club de lectura Faragullas.

Lemos, falamos do noso club e da experiencia nos pasados cursos, fixemos pegada de carteis e repartimos follas para anotarse.

 

Agardamos que, ao igual que Miguel Anxo Prado confía na aparición da especie “Hippopotamus pacificus”, esteamos ante a aparición dunha nova especie na nosa vila os“nenus lectorus”.

 

Gracias, Lucía Ugarte

O pasado venres tivemos o placer de recibir na nosa biblioteca a autora local Lucía Ugarte. Puidemos entrevistala na radio e tamén nos dou unha charla para explicarnos moitas cousas da súa obra "Océanos de luz" e responder as nosas preguntas. Aquí vos deixamos unhas fotos desta sesión e o enlace para poder escoitar a entrevista. 

Moitísimas gracias, Lucía!

 

 

 

 

24 de outubro. Día das Bibliotecas

Este 24 de outubro, no que se celebra o Día das Bibliotecas, tivemos unha gran sorpresa no cole. Ao chegar ao centro, no vestíbulo, atopamos unha maleta moi chula con moitos libros no seu interior e ao seu redor. Poidemos botarlle un ollo e vimos algúns títulos como "Visitando el museo", "Mi libro de arte" ou "Carmen Amaya". 

Ao voltar do recreo, atopámonos con outra sorpresa: Pingüi, quen está recorrendo moitas cidades do planeta camiñando, enviounos un vídeo. Díxonos que estaba descubrindo cousas marabillosas e que quería compartilas con nós. Por iso, propúxonos un reto: tivemos que buscar nas aulas unha letra escondida e levala ao vestíbulo para que, os maiores do cole as xuntaran e así poder descubrir a frase escondida. Esta frase resultou ser o título que nos propón Pingüi para o proxecto documental integrado (PDI) deste curso escolar, sobre o que teremos que investigar.

No caso de Educación Infantil, tivemos que buscar as distintas pezas que formaban parte dun qrebacabezas coa imaxe de Pingüi cheo de cousas. Por que tería todas esas cousas colgadas e agarradas?

 Finalmente, puidemos descubrir o título do PDI que levaremos a cabo este ano: "CON OLLOS DE ARTISTA".

Agora tócanos comezar a investigar e a descubrir o mundo cunha nova mirada... Con ollos de artista!

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS de Nerea Paz

14 de outubro. Día das escritoras

O pasado 14 de outubro celebrouse o día das escritoras. Nós, baseándonos e inspirándonos na obra da autora local Lucía Ugarte, quixemos dedicarlle uns versos a distintas escritoras que coñecemos. Aquí podedes ver algunhas fotografías da exposición destes traballos.

 

14 de outubro Día das escritoras de Nerea Paz

Outros deportes!

Nalgúns dos primeiros días de clase do mes de setembro e outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria probamos outros deportes e recibimos unhas pequenas clases de ximnasia rítmica, patinaxe e tiro con arco, coa colaboración do Concello de Carral e do club Ximnasia Rítmica Carral, o club Alquimia de Patinaxe Artística e o club de Tiro con Arco Adarve.

Gustounos moito probar outros deportes!! 

Xa sabedes o importante que é facer exercicio físico, polo que todo o que queira practicar estes deportes, pode apuntarse en:

clubximnasiaritmicarral

cpalquimia

arcoadarve

LEO LIONNI INSPIRED CARD GAMES

June 2024

 

Unha das tarefas finais do noso proxecto etwinning "Leo Lionni: between Art and stories" foi elaborar uns xogos de cartas inspirados nel e nos seus libros. 

Copia de OUR LEO LIONNI INSPIRED CARD GAMES 

ETWINNING 23-24 BOARD

June 2024

Como parte do noso proxecto eTwinning, no que descubrimos a figura e obras do artista e escritor Leo Lionni acompañados polas nenas e nenos de 2 escolas de Portugal, montamos un pequeno mural no cole adicado á nosa experiencia para compartila con todo o colexio e como parte do PDI "Todas e todos temos unha historia que contar"

etwinning board

Nel recollemos parte do proceso, a localización da nosa escola e das escolas coas que colaboramos e un dos produtos finais elaborados, a illa de Sgal, unha illa entre España e Portugal na que habitan criaturas inspiradas nas personaxes do libro "Pezzettino".

LEO LIONNI'S STORY

May, 2024

As nenas e nenos de 2º EP, como parte do noso proxecto eTwinning con dúas escolas de Portugal, descubrimos a figura do artista e escritor Leo Lionni.Deixamos aquí un vídeo co libro que fixemos contando a súa historia. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut