Skip to Content

Blogs

Visita de Erica Esmorís

A escritora Erica Esmorís compartiu charla literaria co alumnado de 4º que leu o seu libro "Patio de luces", tamén asinou no noso libro de visitas e os libros do alumnado. Canto nos gustan estes momentos...

 

Talleres de historia na biblio

A biblioteca serviu de escenario para os talleres que fixeron o alumnado de 4º de EP baseados na prehistoria e na Idade Antiga. Aquí os tedes en pleno proceso creativo: construiron ferramentas do neolítico con plastilina, teceron nos teares, fixeron ourivería dos castros galegos, escribiron mensaxes ocultas cos xeroglifos da pedra Rosetta, fixeron traxes romanos e co Kapla recrearon construcións como teatros e anfiteatros. 

 

 

Contacontos de familias: O paraugas de cebra.

Durante estas semanas dúas mamás colaboradoras van vir contar contos ao alumnado de Educación Infantil, aquí as tedes nalgúns momentos do libro "O paraugas de cebra" coas clases de 4º (os máis pequeniños/as). Moitísimas grazas de novo pola vosa implicación e traballo! 

Estivemos presentes nas Xornadas dos Clubs de Lectura

A partir do minuto 24 a nosa charla sobre o club de lectura!

Charla con Isabel Dans (Lectura e familias)

Isabel Dans profesora da UDC estivo con nós para falarnos de familia e tecnoloxía. Foi unha conversa animada na que reflexionamos sobre a necesidade de educar no privado, no íntimo e no público. Isabel comparou a familia cunha árbore á que poder volver aínda que te equivoqes e tocou moitos outros temas de actualidade que nos preocupan a nais e pais (e mestres). Velaquí unhas imaxes deses momentos. 

Visita de Leticia Barbadillo ás Faragullas.

Leticia Barbadillo, autora do libro "A botella de lentellas" visitou aos nenos e nenas do Club de Lectura "Faragullas de papel". Tivemos unha conversa moi animada con ela, falamos sobre o autobiográfico que hai na súa obra e inventamos títulos para novas historias de lentellas (entre outras cousas). Moito diron de si estas sinxelas legumes!

Protexe a natureza

Con este lema arrincou outra gran iniciativa. O alumnado do colexio observou que se podían conservar un chisco mellor os espazos naturais do centro, e non tardaron en poñerse mans á obra.

Neste caso as nenas e nenos de 6ºB de infantil e 4ºA de primaria colaboraron para poñer ben visibles unhas mensaxes que nos lembran a importancia de coidar a natureza. Agora, tócanos aos demais cumprir.

 

Bo traballo!

Orientación

A semana pasada o alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu a visita do club de orientación Gallaecia. Coñecimos aspectos básicos sobre o deporte das carreiras de orientación e fixemos algún xogo de iniciación. Gustounos moito e pasámolo moi ben!!

Moitas gracias á colaboración do club Gallaecia pola súa dedicación para poder dar a coñecer este deporte relacionado coa natureza!

Aquí tedes máis información para todo o queira apuntarse na escola e club de orientación: gallaeciaraid

 

XOGADE 23/24

Durante este curso volvimos a participar no programa XOGADE co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizando varios xogos e deportes cos nenos e nenas dos colexios de A Laracha, Cerceda e Paiosaco.

Moitas gracias de novo a todos por facer exercicio físico xuntos!!

 

Novo espazo da "Createca"

Inauguramos un novo espazo no centro: a Createca! Este lugar está pensado para traballar a literatura dende un punto de vista creativo unindo a lectura con outras artes como a pintura, a escultura, a ciencia, a costura e ata a cociña. Aquí vos deixamos unha explicación máis pormenorizada dos materiais e recunchos que poderedes atopar neste lugar situado do primeiro andar.

Presentación sobre Createca 

 

LETRAS GALEGAS 2024

             Ola a todos e todas !

             Presentamos os traballos realizados por todos os cursos do cole para a celebración do Día das Letras Galegas, onde escollimos anacos de poemas, "Palabras", da escritora homenaxeada, Luisa Villalta Gómez, para decorar as letras do seu nome e poder así homenaxeala como se merece. 

            Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Tamén poderedes escoitar en breve como os peques os recitaron na radio. 

            Saudiños!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mobilidade sostible

O día 3 de xuño celébrase o Día Mundial da Bicicleta e o día 5 do mesmo mes o Día Mundial do Medio Ambiente. Por iso, dende o Equipo de Reciclaxe e Medio Ambiente propoñemos a súa conmemoración conxunta o venres 7 de xuño acudindo ao centro nun medio de transporte sostible como pode ser a bicicleta, patinete ou outro sobre rodas.

Esta actividade será voluntaria para todo aquel alumnado que queira e poida. O alumnado deberá vir debidamente protexido (casco e outras proteccións que se consideren necesarios), ben visible e nos casos que sexa preciso acompañados de algunha persoa adulta.

Os diferentes medios de transporte quedarán custodiados no patio cuberto do centro dende a entrada ata a saída do mesmo. En ningún caso poderán levalos no servizo de transporte polas dificultades loxísticas que pode supoñer.

Ademais pedirase a todo o alumnado que ese día traian algo de cor verde (unha prenda ou complemento) sen encesidade de mercar nada, calquera cousa que teñamos na casa serve, fomentando así a sostibilidade.

A idea desta actividade e o seu carácter tan voluntario é pulsar a participación que pode ter entre a comunidade educativa (pois isto implícanos a alumnado, familias, profesorado, persoas de administración e servizos...).

Compre lembrar que os beneficios de usar medios de transporte alternativos son moitos e variados, dende a promoción de estilos de vida saudables á redución da contaminación.

Éxito do mercado solidario!

A pesar das inclemencias meteorolóxicas do día de hoxe e a celebrarse no día despois da Festa do pan, quedamos moi contentos do resultado deste primeiro mercado solidario. A práctica totalidade das plantas atopou acomodo en diferentes fogares e as nenas e nenos do colexio fixeron un traballo espectacular atendendo a toda a veciñanza que se achegou a colaborar nesta fermosa iniciativa.

O día xa comezou coa ledicia de ler a nova na que o xornal La Voz de Galicia se facía eco do noso traballo:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/carral/2024/05/13/agricultura-solidaria-huerto-escolar-otero-valcarcel-carral/0003_202405H13C6995.htm

En total recadáronse arredor duns 25 quilos de alimentos e un total de 123,47 €. Os alimentos quedaron xa nas dependencias do concello e a recadación irá a “Proyecto caballo”, por iniciativa do alumnado, a quen lle encantou este proxecto que promove o coidado de cabalos e a súa inserción no medio natural, mellorando a biodiversidade do planeta.

Dende o centro queremos expresar a nosa gratitude a tódalas familias e veciñanza por participar e apoiar a iniciativa, e por suposto ao Concello de Carral, que tanto e tan ben nos coidou e alentou.

Tal e como moitas persoas pediron ao longo da mañá, agardamos poder repetir!

Renovación do espazo da radio

O espazo de Radio Pingüi foi renovado grazas ao premio recibido, no curso pasado, pola presentación no V Concurso de Podcast de Radio na Biblio. Grazas a este premio, mercamos unha mesa nova, unha cadeira para o/a técnico/a da radio, un letreiro de gravación e un casco novo. 

Deixamos unhas fotografías para que vexades o cambio!

Mercado solidario - 13 de maio

Boa tarde! 

Estamos moi ledos de anunciar que o vindeiro luns estaremos no campo da feira de Carral. Aproveita que chega o bo tempo e faite con tomates, allos porros, pementos, apios, acelgas, algunha cabaza, cabaciños e algunha que outra sorpresa!

A maioría das nosas sementes son de colleita propia ou ecolóxicas, e foron cultivadas con gran coidado por nós. E sabedes o mellor? Que as intercambiamos por alimentos que quedarán no Concello de Carral, ou se o preferides facer por diñeiro colaboraredes cunha causa solidaria que anunciaremos nuns días.

Agardámosvos!

Distribuir contenido


by Dr. Radut