Skip to Content

Blogs

THE DOT

Last September we started our Art lessons with the story "The dot", by P.H.Reynolds, a story about the importance of always trying, doing your best and believing in yourself. Apart from discovering Vashti's story, we reviewed some Art concepts from last year: dots, lines, shapes, colours, colour mixing, abstract art, creativity...

O pasado setembro comezamos as nosas clases de Art co conto "The dot" ("O punto"), unha historia sobre a importancia de tentar facer as cousas, facer as cousas o mellor que poidamos e crer nunha mesma. Ademais de coñecer a historia de vashti, repasamos conceptos do curso pasado: puntos, liñas, cor, mestura de cores, abstracto, creatividade, ...

We created our DOTS and made a mural with them to celebrate "Dot day".

Creamos os nosos puntos e montamos un mural con eles para celebrar o Día do punto.

 

 

A separación de residuos que vén

Boa noite! Continuamos cun novo reto dos propostos por Voz Natura, neste caso para o mes de xaneiro. Na nosa visita ás instalacións de SOGAMA contáronnos como imos ter o mesmo sistema de separación de residuos que no no resto de Galicia, e ocorreusenos que era unha boa idea irnos preparando para a separación de residuos que nos vén. Todo isto e algunha outra información pódese ler no tríptico que se xunta.

Saúdos e boa reciclaxe!

 

 

 

Reutilizando e decorando

Xa comezan a agromar as primeiras plantas que sementamos ao longo do mes de decembro, e polo tanto chegou o momento de presentar esta actividade a toda a comunidade educativa!

O alumnado de diferentes cursos do cole púxose mans á obra, e ao tempo que lle deu unha segunda vida a plásticos, decoraron o valado do centro e engadiron vida.

Sementáronse dende os tradicionais chícharos e garavanzos, ata flores coma o ciclamen ou algunha planta tan valiosa coma o azafrán.

E sabedes o mellor de todo? Que aínda hai máis macetas a piques de saír do forno. Seguimos!


Segunda reunión das "Milfollas de papel" (club de lectura de adultas)

O pasado 25 de xaneiro tivemos a segunda reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel" sobre o libro proposto: "Educar en el Asombro" de Catherine L´Ecuyer. Pasamos uns momentos moi agradables comentando os argumentos desta obra e falando sobre as nosas propias experiencias. Ademais tivemos varias sorpresas como os fermosos marcapáxinas feitos á man que nos trouxo unha das compañeiras e ata a opinión gravada doutra delas que non puido vir. Ao final, repartimos as novas obras "Piezas Sueltas, el juego infinito de crear" de Priscila Vela e Mercedes Herrand (non nos cansaremos de darlle as grazas ao CRA de Culleredo por prestarnos os seus libros).  Vémonos en febreiro!

 

 

As faragullas votamos novos libros de lectura.

Hoxe votamos os novos libros de lectura que imos ler, tiñamos que elixir entre un de narrativa e outro de banda deseñada. Finalmente os escollidos foron "A botella de lentellas" de Leticia Barbadillo e "Irene, a porteira" de Óscar Losada con ilustracións de Xulia Pisón. 

Reunión Faragullas

Nesta nova sesión do club de lectura xa que intercambiamos os libros pois tamén intercambiamos faladoiros, velaquí tedes unhas imaxes.

 

Resolución do concurso de logos no curso 2023-2024

Desde o Equipo de Biblioteca queremos anunciar á gañadora do concurso de logos do noso proxecto "Todos e todas temos unha historia que contar". 

Moitas felicidades a A.O.C de 6ºC! Moi merecido este premio!

Queremos dar as grazas a todos os/as participantes deste concurso e destacar sobre todo o nivelazo de todos os logos presentados. 

 

A continuación, podedes visualizar os finalistas e todos os logos presentados que cumpriron coas normas do concurso.

Moitas grazas pola vosa participación!

 

CONCURSO DE LOGOS 

Constelación lectora do libro "Marta e a píntega" de Eli Ríos.

Esta é a constelación lectora que elaborou o alumnado de 4ºB a partir do libro da Editorial Xerais "Marta e a Píntega" de Eli Ríos. Picade nas estrelas para ver a información. 

Segunda reunión de Faragullas

Nesta segunda reunión do club de lectura fixemos varias actividades: 

SENTINELAS DO SILENCIO. 

Fixemos o segundo faladoiro coa segunda parte do libro. Para comezar, ixemos un percorrido inicial pola sesión anterior para despois destacar algunhas frases chamativas do libro. Tocou argumentar a favor e en contra da lectura. Á conclusión foI "á galega" (nen si, nen non): "Todo depende do interese que poñas e dos ollos cos que mires o libro". Adicamos unha segunda parte da sesión a seguir coa decoración de carteis para o horto que están quedando ben xeitosos! 

 

 

UNHA VECIÑA DE PELÍCULA.

O grupo que leu unha veciña de película teatralizou algunhas das secuencias dos films que aparecen no libro. Uns grupos escolleron linterpretar os textos na radio e outro facer a escenificación completa (en vídeo), aquí tedes o resultado! 

 

Repartimos o premio do Club de Lectura

O alumnado voluntario membro do Club de Lectura tróxounos ás aulas de 4º, 5º e 6º un agasallo que nos fixo moita ilusión! Temos uns cartos para gastar nos libros que queiramos e que pasarán a formar parte da nosa biblio, unha "lista de desexos libreiros" para o novo ano. Agora temos que pensar ben que imos mercar, que tipo de libros nos gustan, cales serán máis axeitados... Un traballo de búsqueda de fondos e animación á lectura que seguro que traerá novos lectores e lectoras e novos e interesantes títulos. 

Moitas grazas, Faragullas!  

Historias de familias polo 50 aniversario

Durante este trimestre tres familias colaboradoras viñeron contarnos a súa historia ás clases de 4º dentro PDI do centro "Todas temos unha historia que contar". A mamá de Mateo de 4ºA (Isabel), a de Pedro de 4ºB (Cristina) e a de Martí de 4ºC (Sonia) faláronnos sobre o seus recordos da infancia deste cole e do de Riaño (León). Moitas grazas por vir e por darnos a oportunidade de tan boas conversas.

 

 

Manifesto polo clima

O 5 de decembro de 2023 emitimos un novo programa de radio gravado polo alumnado de sexto de Educación Primaria, con motivo do comezo da C0P28 onde lemos un manifesto baseado no Movemento Galego polo Clima e gardamos un minuto de silencio.

Nel, entre outras cousas pídese que neste tipo de cumios os nosos mandatarios asinen acordos de medidas vinculantes que axuden a parar os devastadores efectos da crise climática.

Aquí vos deixamos o programa. 

Queremos feitos, non palabras baleiras!

 

Cartel

Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Como novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, durante a última semana deste mes levamos a cabo dende o Equipo de Biblioteca unha proposta chamada "Ciénciame un conto".

As nenas e os nenos experimentaron partindo dos/as protagonistas e das temáticas de varios libros da nosa biblioteca que están en galego.

Vede na presentación os resultados da actividade! Incluso podedes probar a facer os experimentos na casa coas nosas intrucións.

Espero que vos guste!

Ciénciame un conto

Comezamos lecturas coas "Faragullas de papel"

Nesta primeira reunión das faragullas traballamos cos libros "Sentinelas do silencio" de Beatriz Maceda e "Unha veciña de película" de Iria Misa.

Estes son o guión e unhas imaxes dos momentos do faladoiro de "Unha veciña de película":

 

PRESENTACIÓN VECIÑA de bibliosbardos Carral

As "Sentinelas" dividimos o libro en dúas partes, nesta primeira reunión tivemoso primeiro faladoiro e a actividade de decoración de carteis con motivos naturais. 

Na parte da conversa debatimos sobre vivir no campo ou na cidade, sobre as personaxes tan diversas do libro, e puxémoslle puntuación xeral á lectura. Ademais intercambiamos calcetíns diferentes para convertirnos nós tamén en sentinelas do silencio. Dedicamos os últimos minutos a pintar con follas de carballo e castiñeiro unhas madeiras que sinalizarán o noso horto escolar. 

 

Limos, falamos, pintamos.... pero tamén tivemos un momentiños para degustar todas xuntas as galletas que nos truxeron Nicole e Alberto de Madrid cando foron recoller o noso premio. 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut