Skip to Content

Día da non violencia e a paz

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da non violencia e da paz. No noso cole quixemos conmemorar este día buscando no mundo animal as cousas que suceden "CON CALMA" inspirándonos no libro de Flamboyant Editorial do mesmo nome. Aquí vos deixamoso resultado e unhas recomendacións lectoras relacionadas.

 

RECURSOS DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA de Teacher Marta

Tríptico informativo sobre o noso Polo Creativo

Temos un novo espazo no noso centro, o Polo Creativo, que queremos compartir con vós e invitarvos e animarvos a vir a coñecelo e compartir cos/coas vosos/as fillos/as momentos de creación conxunta. 

Podedes ver máis información no seguinte tríptico.

 

Resolución do concurso de logos

Xa temos logo oficial do PDI: COLE ANIMAL. Eran todos moi bonitos e foi difícil a elección pero finalmente este é o elixido. Pronto o veredes en todas actividades que se fagan do proxecto. Deixámosvos tamén as fotos  dos presentados. Parabéns E.G.C. de 4º!

Reserva de praza IES de Carral Curso 23-24

O alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia cursar a ESO no IES de Carral ten que tramitar a reserva de praza dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023.

 

Pódese solicitar de dúas formas:

  • No anexo I da Orde 12 de marzo de 2013, que lles será entregado ao alumnado. Dito anexo pode ser entregado a través do propio alumnado ou envialo por correo electrónico ao centro.
  • A través da sede electrónica, para o que se precisa chave 365, accedendo a: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Columna da esquerda - solicitudes - reserva - crear.

Intercambio solidario de postais

Esta semana levouse a cabo unha recollida solidaria no noso centro coa colaboración do Concello de Carral.

O alumnado deseñou postais para poder intercambialas por produtos típicos de Nadal, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e aseo persoal. Todos os alimentos recadados foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Carral.

 

Dende o claustro de profesorado queremos agradecer a vosa solidariedade e interese por participar con tanto afán neste tipo de iniciativas.

 

 

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

O día 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional!! 

Para sensibilizar e dar visibilidade aos dereitos das persoas con diversidade funcional, todo o alumnado realizou unha carreira de obstáculos dentro do recinto co lema "todos somos diferentes, todos capaces". 

Aquí tedes as imaxes e vídeos!!

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Carreira Solidaria (Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional)

CONCURSO DE LOGOS "COLE ANIMAL"

     Convocamos o concurso de logos para representar o noso proxecto de centro "Cole animal". Descargade o formato do logo adxunto nesta publicación (tamén o podedes facer vós, é un círculo sinxelo), deseñade e despois entregádello ao voso mestre/a. Todos serán publicados na web e expostos e, ademais,  o elexido será o selo identificativo de todas as actividades que se fagan dende a biblio do proxecto. Animádevos a participar! Non olvidedes poñer o voso nome e curso e entregalo antes do 22 de decembro.

 

25 N - Día contra a violencia de xénero

Estimadas familias,

Aquí tedes unha pequena representación do que todos os nenos e nenas do noso cole aportaron para formar un manifesto conxunto que é mostra do noso desexo de eliminar da nosa sociedade a violencia así como de apoio a todas as vítimas da mesma. Por iso, hoxe no noso colexio reunímonos e facemos unha reprodución da obra visual de Elina Chauvet chamada “Zapatos vermellos” que pretende sensibilizar sobre a violencia de xénero.Este traballo será cedido ao Concello de Carral para que que a nosa campaña de concienciación chegue a todos os veciños e veciñas de Carral. Ao final desta entrada atoparedes unha galería de fotos.

 Este é o noso manifesto:

Estas foron algunhas das actividades que fixemos para coñecer máis a obra da artista visual "Elina Chauvet":

E por se queredes falar do tema cos vosos fillos e fillas velaquí unha escolma de libros que temos na biblio:

lecturas25nov de Teacher Marta

Álbum: Curso 2022/2023 -> 25-N Día contra a violencia de xénero

Eleccións ao Consello Escolar 2022

Na reunión da Xunta Electoral proclamáronse as candidaturas para representar ás familias no Consello Escolar do centro.

As relacións de nomes dos/das candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos, son as seguintes:

 

SECTOR FAMILIAS:

1. Allegue Ferrón, Pedro Luis

2. Ruibal García, Lucía

 

Lembrámoslles que o próximo luns 28 de novembro, celébrase no vestíbulo do centro a votación para a elección dos representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar, en horario de 13.00h a 17.00h no vestíbulo do centro.

 

Agradecémoslle a súa asistencia.

 

Día dos dereitos da infancia e dos animais

Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados polo alumnado do noso centro para conmemorar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro). Ademais, como o noso PDI ten como centro de interese os animais, aproveitamos para conmemorar de igual modo o Día Internacional dos Dereitos dos animais (10 de decembro).

lecturasdchosinfancia de Teacher Marta

Álbum: Curso 2022/2023 -> Día dos dereitos da Infancia e dos animais

Eleccións ao Consello Escolar 2022. Candidaturas

Na reunión da Xunta Electoral celebrada o día 14 de novembro ás 12:30 horas proclamáronse as candidaturas para representar ao profesorado e ás familias no Consello Escolar do centro.

As relacións de nomes dos/das candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos, son as seguintes:

 

SECTOR PROFESORADO:

1. Meneses García, María Pilar

2. Moscoso López, María Beatriz

 

SECTOR FAMILIAS:

1. Allegue Ferrón, Pedro Luis

2. Ruibal García, Lucía

 

Recordámoslles que as votacións das familias serán o luns 28 de novembro de 13.00h a 17.00h no vestíbulo do centro.

Circular Informativa sobre as eleccións ao Consello Escolar

Nos arquivos adxuntos teñen a convocatoria na que se explica o desenvolvemento para a elección dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar, así como o formulario de presentación de candidaturas. 

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do vestíbulo do centro para a súa consulta.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut