Skip to Content

Baremación de solicitudes

Finalizado o prazo de solicitudes de praza para o curso 2024/2025 infórmase de que nalgúns cursos hai mais solicitudes que prazas polo que é preciso baremar.

En qué cursos hai que baremar?

4º Educación infantil (3 anos).

1º Educación primaria.

Que implica?

Aquelas familias que queiran, poden presentar de xeito voluntario documentación complementaria á que foi adxuntada coa solicitude para xustificar os criterios de baremo alegados nela.

Ademais, no tablón do centro atópase publicada a listaxe de solicitudes a baremar e os números aleatorios que lles corresponden.

Cal é o prazo?

10 días dende o fin de prazo de solicitudes (do martes 2 de abril ata o mércores 10 de abril, ámbolos dous incluidos).

Onde se entrega a documentación?

Presencialmente na administración do centro no horario: Luns a venres 9:30 a 11 e 12:30 a 14 e Luns de 15 a 17.

Tede en conta que o centro permanecerá pechado do 23 de marzo ao 1 de abril (ambos incluidos).

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Qué documentación se pode entregar?

A que aparece no artigo 31 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro. Se xa se entregou coa solicitude a documentación acreditativa, non é preciso achegar nada máis.

Importante:

  • Non se poden modificar as solicitudes nin alegar criterios que non figuren nelas. 
  • As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Cando da calidade da copia deriven dúbidas, poderase requirir o cotexo co documento orixinal.
  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

Cando saen las listaxes de admitidos e excluidos?

  • Listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Listaxes definitivas: 15 de maio.

Para dúbidas e consultas:

O noso xornal "Todos e todas contamos"

Para conmemorar a Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo) o equipo de Biblioteca e o equipo TIC propuxemos a elaboración dun xornal dixital con diferentes seccións (noticias, axenda cultural, recomendacións lectoras...) relacionado coa temática do noso PDI "Todas e todos temos unha historia que contar". 

Animámosvos a que o vexades!!

Maletas de lectura para as casas, listas!

Xa temos listas as maletas viaxeiras para familias! Esta é unha iniciativa impulsada pola biblioteca escolar dentro do programa "Lectura e familias" e que pretende fomentar a lectura no fogar tanto con libros pensados para os nenos/as como para os adultos/as. A continuación deixámosvos unha explicación máis pormenorizada da maneira de solicitalas así como os materiais que conteñen.

 

8 de marzo - Día internacional da muller

Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o día internacional da muller e, dende as aulas, traballamos con cartelería reivindicativa. Partindo de consignas sinxelas e moita reflexión, cada grupo fixo o seu cartel partindo das inquedanzas e necesidades da aula e traballando aspectos tan relevantes coma a igualdade, os dereitos das mulleres...

Realizamos unha exposición dos cartaces na entrada do cole e un programa especial de radio onde o alumnado puxo voz aos lemas.

 

Ademais, aínda que podedes ver a exposición de todos os carteis na entrada do centro, creamos un pequeno vídeo onde poder ver cada cartel con mais detalle.

video8M-2024

 

Por outra banda, un grupo de alumnado de 6º acudiu ao acto realizado no Concello de Carral onde asistiron ao pleno, á entrega de premios 8 de marzo e partiparon cun manifesto que crearon especialmente para a ocasión.

 

 

 

Manifesto 8M Pleno Concello Carral de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Admisión novo alumnado

O 1 de marzo comeza o prazo para poder solicitar praza no colexio para o curso 2024/2025.

 

Quen ten que facer a solicitude de admisión?

As familias que queiran que a súa filla/o comece na escola en setembro de 2024.

 

Cómo se realiza a solicitude de admisión?

  • De xeito manual empregando o formulario en papel. O formulario está dispoñible nos seguintes enlaces: castellanogalego e presencialmente no centro (conserxería e administración).
  • De xeito telemático, a través da aplicación de admisionalumnado no menú Solicitudes > Admisión > Crear. O procedemento depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non xa que no caso de estar identificado aparecerá a opción de presentar e asinar a solicitude por Sede Electrónica.

Cómo e onde se presentan as solicitudes?

Preferentemente pola Sede Electrónica (con chave365 ou certificado dixital) pero tamén é posible facelo presencialmente no centro solicitado coma primeira opción ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

 

De facelo de xeito presencial ten que estar debidamente asinado e hai que adxuntar copia do libro de familia e, de ser o caso, copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio. O horario de atención na Administración do centro é:

luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

     luns: 15 - 17h

 

Cantas prazas vacantes hai no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel?

A listaxe está dispoñible no taboleiro do centro e na seguinte ligazón.

 

Cales son os prazos? 

 

 

INFO ADMISIÓN

 

Para dúbidas e consultas:

             luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h

             luns: 15 - 17h

 

Información sobre o procedemento:

 

 

Obradoiro familias convivencia

O centro, en colaboración co Concello de Carral, pon a vosa disposición unha serie de talleres onde abordar aspectos relacionados coas relacións entre o alumnado, a convivencia. 

Haberá as seguintes sesións:

 

  • SESIÓN 1 (26 DE FEBREIRO) Violencias, conflitos e acoso nas aulas.
  • SESIÓN 2 (18 DE MARZO): Autoestima e límites.
  • SESIÓN 3 (15 DE ABRIL): Comunicación e resolución de conflitos.

 

O horario será de 18:00 - 20:00 h

Se estades interesados, chamade ao centro (881 880 447) ou mandade un correo para anotarvos (administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal).

 

Anímadevos a participar!!

Admisión alumnado centro adscrito

Informamos de que todo o alumnado, procedente do centro adscrito (CEIP Tabeaio) que reservou praza no noso centro foi admitido.

 

Publicaránse na nosa páxina web as instrucións para formalizar a matrícula.

ENTROIDO 2024

Neste entroido traemos historias que contar saídas dos contos: Corre, corre cabaciña; 101 Dálmatas; A cebra Camila; A que sabe a Lúa e moitos máis!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Entroido 2024

A separación de residuos que vén

Boa noite! Continuamos cun novo reto dos propostos por Voz Natura, neste caso para o mes de xaneiro. Na nosa visita ás instalacións de SOGAMA contáronnos como imos ter o mesmo sistema de separación de residuos que no no resto de Galicia, e ocorreusenos que era unha boa idea irnos preparando para a separación de residuos que nos vén. Todo isto e algunha outra información pódese ler no tríptico que se xunta.

Saúdos e boa reciclaxe!

 

 

 

Reserva de praza

Hoxe comeza o prazo de reserva de praza, polo que deixamos aquí a información.


Quen ten que facer a reserva de praza?

As familias de alumnado de 6º de Primaria que queiran que o seu fillo/a acuda ao IES de Carral, o noso centro de adscripción.

 

Cal é o prazo de reserva de praza?

O prazo para dita solicitude abrangue do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

 

Cómo se realiza a reserva de praza?

  • De xeito manual empregando o formulario en papel. O formulario está dispoñible nos seguintes enlaces: castellano, galego.
  • De xeito telemático, a través da aplicación de admisionalumnado no menú Solicitudes > Reserva > Crear. O procedemento depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non xa que no caso de estar identificado aparecerá a opción de presentar e asinar a solicitude por Sede Electrónica.

 Cómo e onde se presentan as solicitudes?

Preferentemente pola Sede Electrónica (con chave365 ou certificado dixital) pero tamén é posible facelo presencialmente no noso CEIP (na Administración) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Resolución do concurso de logos no curso 2023-2024

Desde o Equipo de Biblioteca queremos anunciar á gañadora do concurso de logos do noso proxecto "Todos e todas temos unha historia que contar". 

Moitas felicidades a A.O.C de 6ºC! Moi merecido este premio!

Queremos dar as grazas a todos os/as participantes deste concurso e destacar sobre todo o nivelazo de todos os logos presentados. 

 

A continuación, podedes visualizar os finalistas e todos os logos presentados que cumpriron coas normas do concurso.

Moitas grazas pola vosa participación!

 

CONCURSO DE LOGOS 

50 anos festexando xuntos!

Estimadas familias, 

Hoxe festexamos internamente os 50 anos de funcionamento do centro. A pequena exposición e o mural feito polo mestre Carlos poderedes pasar a velo a partir do 8 de enero, día que comezaremos o 2º trimestre.

Dende o claustro queremos desexarvos felices festas e que disfrutedes moito do tempo en familia!

 

 

Dar ás gracias, novamente, a todas aquelas persoas que puideron estar hoxe connosco!

Vémonos o 8 de xaneiro do 2024!

Álbum: Curso 2023/2024 -> 50 aniversario CEIPP VOV
Distribuir contenido


by Dr. Radut