REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
No DOG do 6 de maio, publicouse o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado.
Para a realización deste proceso o equipo directivo do centro informa do seguinte:
O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10.00 a 13:00h no Centro.
A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
Publicación de listaxes provisionais de admitidos / non admitidos o 8 de xuño.
Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10.00 a 13.00h na secretaría do colexio.
Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo
Como norma xeral para a realización deste trámite a o equipo directivo recomenda facer esta solicitude de admisión de alumnado a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia xa que se trata do medio máis seguro para evitar contaxios indexados.
Se non se puidese facer deste xeito pregamos que se cumpran estas normas básicas de acceso ao colexio:
- Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión.
- Agardarán no patio cuberto ata que saia a persoa que permanezca no interior. Entrarán ao interior de 1 en 1.
- Deberase acudir con mascarilla, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto de como mínimo dous metros de ser posible. Ao entrar ao centro usarán o xel hidroalcóholico disponible na entrada.
NOTA IMPORTANTE: O Centro estará aberto desde o luns 11, única e exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado ou outros trámites administrativos.
Moitas grazas pola súa colaboración e comprensión