Skip to Content

VISITA ALEX VIDAL

Esta mañá tivemos a gran sorte de contar coa visita de Alex Vidal, campeón do mundo de taekwondo paralímpico. Foi moi interesante coñecer cómo se adentrou no mundo do deporte e cómo desenvolve a súa vida. Contounos anécdotas curiosas e tamén permitiunos facerlle preguntas que nos xurdiron estes días despois de estar informándonos sobre a súa carreira. Moitas grazas pola visita Alex, e ata pronto!

 

https://www.youtube.com/watch?v=cpxeFA6-ySc

 

 

LEO POR DEPORTE: PARAOLIMPÍADAS.

Comezamos o Proxecto Documental Integrado do Centro adicado este ano ás OLIMPIADAS e que leva por título "LEO POR DEPORTE" celebrando unhas paraolimpíadas un pouco especiais. A mascota da biblio enviou ás clases libros e películas relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión educativa xa que o Día 3 de Decembro se conmemora o Día das Pesoas con Diversidade Funcional. Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos e as súas cartas:  

 

Mensaxe de Pingüi from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

Convocamos tamén un novo concurso de BANDA DESEÑADA, animádevos a participar! 

O resultado final desta actividade poderédelo ver nunha nova entrada. 

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras de Infantil, tamén as de 3º de Primaria, abandoaron a biblioteca para ir e vir ás casas. No seguinte vídeo podedes ver unhas imaxes da entrega en EI e a mensaxe de Pingüi por se queredes volver a oíla. Non sabedes a ilusión que lle fixo deixarvos estas palabras! El é feliz lendo, pero sobre todo, vendo como os nenos e nenas levan e len os seus libros. Esperamos que as desfrutedes amiguiños e amiguiñas!

DÍAS DE SAMAÍN

No CEIP Vicente Otero Valcárcel celebramos o Samaín con merendas terroríficas, concursos de debuxos e contos arrepiantes en galego, lecturas sobre esta celebración e visionado de vídeos, música de "Uxía Lambona e a Banda Molona" e decoracións. Aquí vos deixamos algunhas imaxes. 

Merendas terroríficas en EI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

O noso cole en Samaín from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Nota informativa ás familias: celebración do Samaín.

Infórmase que por celebración do Samaín, mañá día 30 de outubro o alumnado pode acudir ao centro disfrazado.

Evitar vir coa cara cuberta (caretas...) e levando complementos do disfraz "belicos".

Nota informativa ás familias do alumnado participante na semana STEM:

Convócaselles  á unha reunión informativa o día 30 de outubro ás 16:00 horas na aula 202 (6º A).

Neste arquivo adxunto poden consultar toda a información referente á actividade.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de Outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, dende o noso centro celebrámolo entregando premios aos dez nenos e nenas que máis libros levaron durante o curso pasado e presentando a mascota ao alumnado de Educación Infantil. O espazo está en obras pero seguimos traballando polo fomento da lectura. 

Importante:

A organización enriba exposta, levarase a cabo a partires do luns 28 de outubro.

Nota informativa: Actividades Extraescolares

Infórmase ás familias que despois do acordado na reunión do consello escolar de onte, 21 de outubro, continuaremos sen actividades extraescolares no centro ata novo aviso.

SEMANA AMI

A alfabetización mediática e informacional (AMI) inclúe un conxunto de competencias para buscar, avaliar criticamente, usar e contribuír de xeito intelixente con información e contido nos medios; coñecementos sobre os dereitos en liña; entender como combater o odio en liña e o acoso cibernético; comprensión dos problemas éticos que rodean o acceso e o uso da información; e compromiso cos medios e as TIC para promover a igualdade, a libre expresión, o diálogo intercultural / interrelixioso, a paz etc. A semana do 24 ao 31 de Outubro está considerada pola UNESCO como a semana AMI. Dende o Equipo de Boblioeca queremos facer a nosa humilde achega cuns pequenos trucos para buscar na rede.

Nota informativa: entrada do alumnado de 4º de Educación infantil.

Infórmase ás familias do alumnado de 4º de Educación infantil que desde o luns 14 de outubro, recuperarase o horario habitual de entrada das 9:20 da mañá. Mantense o acceso pola porta de transportados.

Nota informativa: Merendas

Benqueridas familias,

Dende o equipo de educación infantil queremos lembrar que hai establecido un calendario de merendas, e pregamos sexa respectado. Ademais:

  • Cando se indica froita, estamos a falar de froita natural. En ningún caso de bebibles, papillas envasadas, zumes, etc.
  • Evitar envoltorios innecesarios para concienciarnos dende as primeiras idades da importancia de reducir o consumo de plástico.

Nota informativa: Reunión coas familias do alumnado de 4º de Ed. primaria

Infórmase que a reunión coas familias do alumnado de 4 º de Ed. primaria, será o luns 14 de outubro ás 16:45 horas na aula de psicomotricidade.

Distribuir contenido


by Dr. Radut