De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 08-10-2018), realizarase durante as vindeiras semanas a renovación do Consello Escolar, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e que estará integrada por:
- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro mañá martes, día 30 de outubro ás 12:00 h, na aula de psicomotricidade.