Infórmase ás familias dos niveis de 5º e 6º de Ed. Primaria de que van ser convocados a unha reunión informativa sobre a semana STEM (para máis información adxúntase o enlace) o día 10 de setembro ás 16:30 horas no comedor.
A continuación engádesen as listaxes citadas anteriormente. O prazo de reclamación é de dous días a partir de hoxe (venres día 13 e luns día 16 de xullo).
Remata un curso máis cheo de risas e algunha que outra bágoa. Aquí vos deixamos algúns dos fenomenais momentos que vivimos no concerto de "AS MAIMIÑAS". Recordade que podedes atopar e levar para a casa os seus CD porque os temos na biblioteca.
O pasado 1 de xuño o alumnado de 6ºB do noso centro proclamouse campión do I Concurso "A auga non para" organizado pola Empresa Emalcsa e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Como premio tiveron saídas didácticas pola contorna coa oportunidade de coñecer lugares como a Aula da Natureza de Abegondo/Crendes, ruta ata o embalse de Cecebre e visita ao obsevatorio de aves e embalse de Beche, entre outras. Para máis información pódese visitar a páxina de EMALCSA. (picade no enlace para ver más imaxes)
Aquí vos deixamos algúns momentos desta actividade.
Xa poden pasar a recoller os recibos do comedor do mes de xuño. Lembren que si non teñen ao día os pagos de todos os recibos do curso escolar non serán admitidos nas listas de comedor do vindeiro curso.