Skip to Content

MES DA ILUSTRACIÓN

O 30 de Xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, conmemórase nas bibliotecas galegas o Día da Ilustración. Aproveitando este feito dende a nosa biblioteca decidimos alongar a celebración durante todo o mes con obradoiros en diferentes clases e nos recreos. A encargada de impartilos foi a ilustradora e bióloga Estefanía Padullés autora de libros de Editorial Hércules como "El secreto del gato Klops", "Max e Lea" ou "A canción do sol". Aquí vos deixamos algunhas imaxes destes momentos. 

ILUSTRACIÓN from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Ademais, xa que ten a especialidade no debuxo de animais, non perdimos a oportunidade de que nos deixara a súa particular representación de Pingüi. 

VISITA A SOGAMA

Esta semana o alumnado de 5º de Ed. Primaria visitou a planta de Sogama en Cerceda.

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

Aquí vos deixamos os vídeos das actuacións dos nenos e nenas do cole no Festival de Nadal. Picade nos círculos de cores para ver a vosa clase. 

 

PAPÁ NOEL

Hoxe os máis pequechos do cole recibiron unha visita moi especial: Papá Noel!! Recolleu as súas cartas e agasallounos coa súa conversa e cuns caramelos. Vaia sorpresa!

 

SEMANA DA CIENCIA

Unha morea de alumnas e alumnos expuxeron as súas habilidades científicas compartindo cos seus compañeiros, compañeiras e mestres diferentes experiencias, todas elas interesantes e explicadas. Moi ben, moitas grazas e ata a próxima semana da ciencia!

MES DA CIENCIA EN GALEGO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

MAIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIO.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións de Pingüi para este Nadal.

LA VOZ DE GALICIA

Esta semana o alumnado deste centro é o protagonista dunha noticia do periódico La Voz de Galicia con motivo da súa participación no proxecto medioambiental de ámbito europeo "Mensaje en una botella".

RAP PARA COIDAR O MAR

Este é no noso rap feito para a campaña "Mensaje en una botella", trátase dun proxecto medioambiental de ámbito europeo no que se pretende concienciar a pequen@s e maiores sobre a necesidade de coidar os océanos como fontes de riqueza tanto alimentaria como climática. Este foi un traballo interdisciplinar e internivel onde participaron alumnado de 6º de EI, de 2º de EP, de 5º e de 6º. 

RAP from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

 

PLAN DIRECTOR

 Charlas da Guardia Civil para prevención de acoso escolar.

 

TEATRO "CENICIENTA"

O alumnado de Educación Infantil asistiu a obra de teatro "Cenicienta" da man do grupo "La Mar de Marionetas", financiada pola Concellaría de Cultura do Concello de Carral.

 

Hoxe despedimos o curso ao ritmo de A Gramola Gominola.

 Todos xuntos, alumnado, pais, nais e profesorado, compartimos a alegría de chegar á meta, o final de curso.

O CEIP Vicente Otero Valcárcel aproveita a ocasión para  desexarlle á toda a comunidade educativa que disfrute dun feliz verán.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut