PRESENTACIÓN DO TALLER PARA FAMILIAS
“Como desenvolver a intelixencia emocional n@s nen@s” O vindeiro luns 3 de febreiro queremos convidarte como nai/pai ou titor/a á presentación deste taller para familias que se desenvolve no marco do programa “Educando en Valores” impulsado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello.
Este celebrarase na aula de psicomotricidade do CEIP Vicente Otero Valcárcel, en horario de 16:30 a 18:30.
Os contidos a abordar nesta reunión serán:
- Presentación do traballo que se realizará nas aulas co alumnado no marco do programa Educando en valores
- ¿Que é a educación emocional e por que é importante?
- ¿Como podo axudar aos/ás nenos/as a desenvolver as súas competencias emocionais?
Imprescindible reservar praza canto antes no Departamento de Orientación do CEIP Vicente Otero Valcarcel.