Skip to Content

ENTROIDO 2021

 Chegou o entroido !!

Un curso máis o noso Meco, segue a darnos os ansiados mandadiños

Estade moi atentos/as ás mensaxes que nos transmitirá a vindeira semana o Meco.

E para que non se nos esqueza a ningún, aquí  os tendes recollidos. 

       

RETO DE XANEIRO: POEMAS E NON PROBLEMAS

O reto de xaneiro estivo relacionado co DÍA DA PAZ xa que as guerras tamén destrúen o mundo! Fixemos varias actividades sobre este tema: unhas pombas coas palabras que nos recordaban a paz e un mapa de xeografías lectoras onde cada aula ou nivel elixeu un coflito, buscou información sobre el e lle recitou un poema. A maoiría das poesías son do libro "Bicos e non balas" de Antonio García Teijeiro da Editorial Kalandraka, pero hai moitas máis! Picade nos puntiños do mapa do mundo para escoitalos. Ademais, a ANPA "Ana Lastra" colocou uns fermosos vinilos nos baños para recordarnos cada día o importante de respetarnos e mellorar a convivencia. Aquí vos deixamos as imaxes. 

 

Para ver  o mapa en grande picade nas frechas que aparecen na parte de abaixo, no marxe lateral dereito. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, NADAL 2020

Como todos os anos aquí deixamos as recomendacións lectoras para este Nadal, desta volta son unhas recomendacións moi naturalistas, animalistas e ecoloxistas. Bo Nadal! Felices e sostibles lecturas! 

Póster de clase en morado y verde de Patricia Pena

CONCURSO DE POSTAIS 2020

E aquí está o video coas fotos das vosas postais para o concurso.

Son todas fantásticas!

Que teñades todas e todos moi bo Nadal! Boas festas! 

Concurso de postais CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL 20-21 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

ADORNOS NADAL

 

Aquí deixámosvos co video dos adornos feitos con material de refugallo, seguindo co PDI co centro deste curso.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

Adornos de Nadal feitos con material de refugallo Ceip Vicente Otero Valcárcel 2020-2021 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA : temos dereito a desfrutar dun medio ambiente limpo e seguro.

O día 20 de Novembro celébrase o Día dos Dereitos da Infancia que este ano no noso centro estivo relacionada co proxecto Carral Sostible:9 meses, 9 causas. Dende o CEIP Vicente Otero Valcárcel reivindicamos o noso dereito a desfrutar dun medio ambiente limpo e seguro. Aí van os nosos traballos, esperemos que vos gusten e que axuden a sensibilizar a toda a comunidade educativa.  

Hecho con Padlet

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA DECEMBRO

Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares presentannos esta proposta de actividades para o mes de decembro.

Animádevos a participar! 

 

A data límite é o venres 11 de decembro.

Apoio emocional ás familias.

Desde o centro parécenos moi interesante e útil a iniciativa e convidamos a todos os responsables a participar nela.

 

"O Concello de Carral pon en marcha o proxecto Aulas con corazón, dirixido ao acompañar e apoiar emocionalmente ás familias e aos centros educativos de primaria e secundaria na súa labor educativa nestas circunstancias tan complexas. Se es pai/nai, titor/a legal e queres participar neste proxecto podes anotarte antes do xoves 19 de novembro no Departamento de Servizos Sociais. 


Recicibirás ferramentas prácticas moi sinxelas para xestionar as emocións intensas, para relaxarte e para acompañar emocionalmente a teus fillos/as nas situacións diarias. Poderás atopar máis información na web e redes do Concello e neste vídeo. 

https://drive.google.com/file/d/18-z91n5TmMQ6v8rmITL2QEPL3osZt21f/view

ENTREGA DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN

Informámoslles de que segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade vaise a proceder nos próximos días ao reparto de máscaras para o alumnado beneficiario das axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Aqueles que non foron beneficiarios de ditas axudas e desexen participar dese reparto, consulten na páxina web do centro as condicións para acceder a estas axudas.  O prazo para as solicitudes remata o 27 de novembro.

DECÁLOGO PARA CONSEGUIR UNS RECREOS RESIDUO 0

Aquí vos deixamos para a lectura de toda a comunidade educativa e autoridades competentes o decálogo que fixeron en equipo varios grupos do noso cole para reducir, reutilizar e reciclar o lixo que xeramos nos recreos. Están feitos uns gardiáns do medio ambiente, reto de outubro conseguido! Aínda queda moito por facer pero con pequenos xestos coma estes podemos cambiar as cousas. Xa o di o proverbio: "XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS.. PODEN CAMBIAR O MUNDO!"

SAMAÍN-MAGOSTO 2020

Presentámosvos o vídeo coa recompilación de traballos relacionados co Magosto e o Samaín deste curso 2020/2021.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

SAMAÍN 2020

Aquí vos deixamos os primeiros "Contos que veñen e van" neste caso coa temática do Samaín. Estade atentos e atentas que durante estes días irán aparecendo máis. Picade nos ollos laranxas das cabazas. Fixéstedelo xenial!

Distribuir contenido


by Dr. Radut