Skip to Content

Solicitude Bolsas alumnado NEAE

Informamos de que está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas do MEC para alumnado NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021.

Poden obter máis información e presentar a solicitude a través de:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

A achega de documentación no Departamento de Orientación do centro (teléfono 881880451) realizarase mediante cita previa.

 

DOCUMENTACIÓN COVID CURSO 2021-2022

 

Adxúntase a documentación relativa ó Covid para o presente curso 2021-2022: Protocolo, Plan de Acollida e Plan de Continxencia.

Circular inicio de curso 2021-2022

Envíase como adxunto a Circular de inicio deste curso escolar. Nela aparece información moi importante que cómpre ler con detemento.

Reunións iniciais coas familias

No adxunto atoparedes o cadro de reunións iniciais coas familias.

 

Autorización saír sós alumnado 5º e 6º

Estimadas familias.

Adxúntase a autorización de saír sós para o alumnado de 5º e 6º de EP. Esta autorización tamén se remitirá por outros medios durante os primeiros días de curso pero aquelas familias que queiran facer uso da mesma dende o día 9 deben enviala por correo electrónico xunto coa fotocopia do DNI do pai/nai ou titor legal o antes posible.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E AGARDA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Xa se atopa publicada no centro a Listaxe definitiva de admitidos e agarda no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquelas persoas que non entregaron a autodeclaración de comedor, teñen de prazo ata o día 9 de setembro.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 21/22

Atópase publicada na entrada ao centro a Listaxe Definitiva do fondo solidario e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022. Aquelas familias que teñades chave 365 ou certificado dixital podedes consultar a resolución na páxina https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Os vales para mercar libros e/ou material poderán recollerse na conserxería do centro os días 26. 27 e 28 de xullo de 9 a 13h ou nos primeiros días de setembro.

 

Os libros do fondo entregaranse ao alumnado o primeiro día de clase.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Atópase publicada no centro a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquel alumnado que estea admitido provisionalmente pode facer xa entrega da autodeclaración de comedor. Esta entrega pode realizarse ata o 9 de setembro, ben por correo electrónico ou na administración do centro, de 9:30 a 12:30h.

O prazo de reclamacións abrangue dende o 16 ata o 22 de xullo (ambos incluídos)

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 21/22

Atópase publicada na cristaleira de entrada ao centro a Listaxe Provisional do fondo solidario e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022.

O prazo de reclamacións son os días 12 e 13 de xullo.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, VERÁN 2021

Para ver a presentación máis grande e poder visualizar os títulos mellor picade AQUI.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN de Patricia Pena

PRODUTO FINAL DO RETO DE MAIO

A comer! Iso si, produtos de cercanías, con denominación de orixe ou de tempada. Coñecemos a riqueza culinaria de Galicia á vez que protexemos o medio ambiente e reflexionamos sobre a fame no mundo. Quen se anima a facer algunha destas receitas? Se facedes algún prato destes enviádenos as vosas fotos a bibliovicenteotero@gmail.com e... BO PROVEITO! 

RETO DE MAIO. ECOCOMEDORES.mp4 from CEIP Vicente Otero Valcárcel on Vimeo.

Plan Proxecta: E qué podo facer eu?

Presentámosvos a curtametraxe realizada polo alumnado de 2º de Educación Primaria.

Un traballo marabilloso!

 

E que podo facer eu? from CEIP Vicente Otero Valcárcel on Vimeo.

ENQUISA DE BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS

Co fin de mellorar o servizo da biblioteca e coñecer a vosa opinión pedímosvos que cubrades esta pequena e rápida enquisa, so vos levará uns minutiños e a nós serviranos de moita axuda. O prazo para cubrila remata o día 25 de xuño. Moitas grazas pola vosa colaboración! Picade AQUÍ para ir a ela.

Aberto prazo de matrícula.

Estimadas familias. Recordamos que o prazo para para a matriculación de novo alumnado no centro e do alumnado que pasa de Educación Infantil a 1º de Educación Primaria será do 20 ao 30 de xuño. Recorden solicitar cita previa no centro no teléfono 881 880 447.  
Os documentos necesarios están a súa disposición nesta páxina web.
Un saúdo.
A Dirección. 

 

LIBROS DE TEXTO PARA CURSO 21-22

No documento adxunto establécese a listaxe de libros para o vindero curso.

Distribuir contenido


by Dr. Radut