PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022
Estimadas familias.
En relación coa listaxe provisional do proceso de admisión para o noso centro para o vindeiro curso 2021-2022, informamos de que todo o alumnado solicitante está admitido.
Seguindo as instrucións da dirección xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2021-2022, poden consultar o listado de admitidos e excluidos:
- Presencialmente: única e exclusivamente na cristaleira situada no patio cuberto do recinto escolar.
- Telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital