FESTIVAL DE NADAL
FESTIVAL DE NADAL.
Celebrarémolo o próximo martes 21 de decembro, no Auditorio Municipal.
Debido á situación COVID o aforo estará limitado a 2 persoas por familia.
Agardamos contar coa vosa presencia.
3 de DECEMBRO: Día Mundial dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Para conmemorar esta data decidimos traballar sobre O CAZO DE LORENZO.
A importancia da autoestima. Sentirnos queridos, que valemos a pena, é fundamental para facer todo o que nos propoñamos.
A seguridade que está adquirindo Lorenzo é o que fai que a súa realidade cambie.
Aceptar as túas capacidades -e non a túa discapacidade- fai que te adaptes e te queiras.
Por uns minutos o alumnado imaxinou o que poden sentir algunhas persoas con discapacidade,
como poden ser: cegas,mudas....
ESCOLA DE FAMILIAS
O CFR de Pontevedra en colaboración có Concello de Lalín organiza unha conferencia online aberta a todas as familias titulada “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal” no marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.
Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/nenas para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.
As familias interesadas na conferencia que se vai celebrar online o mércores 15 de decembro de 20:00 a 22:00 horas, poden conectarse a través do enlace de acceso: lalin.gal/aquelar
...............................................................................................................................................
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Para conmemorar esta data este curso traballamos co poema de Rosalía, "LIEDERS".
Creamos un video, no que o alumnado de infantil, 1º e 2º fixeron os debuxos, 3º e 4º compuxo a música e 5º e 6º a lectura.
Pincha na imaxe para ver o resultado final.
Tamén se fixeron recomendacións lectoras que podes encontrar na biblioteca.
O ALUMNADO DE 3º E 4º PARTICIPOU NUN OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE.
MAGOSTO 2021
O venres 12 de novembro, pola tarde celebramos o noso Magosto, un ano máis.
Fixemos un montón de xogos tradicionais, entre eles:
CARREIRA DE SACOS |
ENCESTAR A CORDA |
BUXAINAS |
|
ENCESTAR A CASTAÑA |
A RAIOLA |
E para repoñer as forzas despois de tanto exercicio, riquíííísimas castañas asadas polo profe Manolo e a profe Carmiña.
Acompañadas dun rico zume.
ESCOLA DE FAMILIAS 2021 - 2022
|
A ANPA AS LONGAS convídavos a participar nas sesións programadas dentro dos proxectos:
- " CORRRESPONSABILIDADE.....pegadas seguras hacia a IGUALDADE"
- EDUQUEMOS.
Agardamos contar coa vosa presencia!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »