SEMANA DA MULLER
Con motivo da celebración do día da muller o pasado 8 de Marzo,
na clase de infantil, decidimos dedicar toda a semana a tratar a súa importancia.
Ao longo da semana, tratamos a figura da "muller da nosa vida".
Cada neno e cada nena escolleu cal é a muller máis importante para el e ela.
Ideamos unha poesía para dedicarlle:
Muller,
eres o meu sol,
a miña lúa
e as miñas estrelas.
Quérote muller.
En colaboración coas familias,
solicitamos unha fotografía de cada neno e nena coa "muller da súa vida"
e acompañada da poesía amañamos un agasallo!
volvemos pronto...
bicos e apertas virtuais!