Blogues

Exposición PDI, a Radio

Rematou o curso escolar 2023 / 2024 e tamén o PDI sobre a radio que se levou a cabo.Podedes desfrutar da exposición que se preparou na entrada do cole; alí podedes observar como a través do chroma e os polos creativos se recreou unha escena baseada na radio.

  

 

 

 
Este foi o comezo dos primeiros podcasts nos que participou o alumnado con moita ilusión e os cales podedes escoitar a través da nosa canle Radio Xoaniña. Esperamos que vos guste!

 

CHROMA

OUTRA DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS ESTE CURSO FOI UN VIDEO CO CHROMA

 

UN POUQUIÑO DAS ARGALLADAS DE INFANTIL

OBRADOIRO DE PLOTTER DE CORTE 

...

 

 XARDÍN CON AMORODOS 

...... 

 

 LETRAS GALEGAS

(Portada decorativa coa caricatura de Luisa Villalta realizada polo orientador do noso centro)

 

OBRADOIRO DE COMIDA SALUDABLE 

 

ARTE E PRIMAVERA 

....

COELLIÑOS DE PASCUA

E SEGUIMOS CO PROXECTO SOBRE O SISTEMA SOLAR 

Letras Galegas 2024 - Luísa Villalta

 

 

 

O alumnado preparou un programa de radio especial, adicado a Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 polas Letras Galegas.

Podedes escoitar un pouco da súa vida, obra e recitado de poemas.

Grazas a todas as nenas e todos nenos que participaron con moita ilusión.

 

 

 

 

Contos animados no auditorio

O 14 de maio, o alumnado achegouse ao auditorio para visitar a Manuel Solla e os seus contos animados.

Unha mañá chea de contos, maxia, unha maleta chea de moitos animais e mesmo un violino para conmemorar a semana das letras galegas.

Agradecemos á biblioteca municipal que nos convidase a este espectáculo de animación á lectura.

 

 

 

 

Semana do Libro

Desde o 22 ao 26 de abril celebramos no cole a Semana do Libro. As actividades que se propoñen axudan incentivar e animar ao interese hacia a lectura e literatura. O alumnado expresou que é para elas e eles un libro (a través do debuxo, de versos...), e chegamos á conclusión de que temos verdadeiros lectores e lectores inmersos nun mundo de imaxinación.

 

 

E tamén contamos coa colaboración das familias, as cales axudaron ao noso alumnado a preparar maquetas dos seus libros favoritos. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

Ánimación á lectura

O pasado xoves 18 de abril visitounos David Rodríguez para falarnos do seu libro "Superavoa" do cal tamén é o seu ilustrador e publicado na editorial Xerais. Foi unha sesión amena para o alumnado onde participaron ao longo da mesma.


Preme no video adxunto para ver máis.

 
 

8M

Este curso o PDI do centro céntrase na radio, e con motivo do 8M o alumnado coñeceu un pouco máis sobre as primeiras locutoras de radio nas emisoras españolas.

 

Día de Rosalía - 23 de febreiro

O 23 de febreiro coñecimos un pouco máis a obra de Rosalía de Castro da man de Luis Vallecillo e o seu espectáculo CANTAMOS CON ROSALÍA.

A través da música descubrimos novas facetas da autora, xunto a outros autores galegos como Manuel María ou Carlos Casares.

 

 

 

Despois de participar e cantar con todo o alumnado, Luis Vallecillo foi entrevistado por parte do alumnado de primaria. Podedes escoitar o programa en radio Xoaniña.

Entrevista LUIS VALLECILLO

 

 

 

Semana da prensa - 4 a 8 de marzo

Ao longo da semana da prensa o alumnado do centro adicou tempo en distintos espazos ao cometido da conmemoración. 

A través do apadriñamento lector na biblioteca todos e todas desfrútamos da lectura de distintos materiais textuais.

 

 

E tras o coñecemento do formato decidímonos a crear o noso xornal. Animámosvos a que o leades e pouco a pouco iremos ampliando as novas. 

 

 

 

 

Preme na imaxe

 

Powered by Drupal - Design by artinet