Blogue de LORELAY

Radio Xoaniña

Algo se estaba argallando na biblioteca escolar e para iso alumnado e profesorado recibiron a formación necesaria para poñer o proxecto en marcha, dádelle a benvida a "Radio Xoaniña".

 

Contactamos con Denis de Rede Espora e el axudounos coa xestión tecnica e a propia locución co alumnado. Unha experiencia moi positiva para toda a comunidade como podedes apreciar nas seguintes imaxes.

 

 

O primeiro programa está adicado á biblioteca, pero de seguro virán moitos outros, non dubidedes en deixarnos as vosas preferencias ou inquedanzas nos comentarios.

Xa podedes escoitar as voces dos grandes locutores!!

 

 

 

SAMAÍN

O 31 de outubro celebramos o Samaín na biblioteca escolar cos contos coa bruxa. O alumnado participou nun contacontos sensorial, tratando de averiguar os elementos que ían tocando.

 

 
E chegando ao fin da xornada preparáronse para o noso particular "truco ou trato".
 
 

Contacontos “Filipa cos contos”

Para comemorar o día das bibliotecas, o luns 23 de outubro fomos convidados á asistir ao contacontos "Filipa cos contos" presentado pola compañía Bandullo Azul no auditorio.

Participamos, rimos e desfrutamos!!

Día das bibliotecas, 24 de outubro

O 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas e todo o alumnado visitou as bibliotecas de aula. Desfrutaron da lectura de contos así como da convivencia internivel.

A continuación (no adxunto), deixámosvos unha mostra de como desfrutaron todos e todas.

 

Algo máis se está tecendo na biblioteca do cole e en breve volo imos contar!!!

Se algo queredes saber non dubidedes en preguntar.

 

Día das escritoras, 16 de outubro

 

 

O día de 16 de outubro conmemoramos o día das escritoras. Para iso desde a biblioteca propuxéronse diversos retos para todo o alumnado, a través dos cales, así como dos seus libros, puideron coñecer a vida e obra de algunhas das escritoras galegas. Deixámosvos unha mostra de como a investigación e creatividade foron claves para o seu desenvolvemento.

 

Preme no adxunto para poder ver o video.

Powered by Drupal - Design by artinet