Blogues

VII SEMANA DO LIBRO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Durante a semana do 23 ao 27 de abril celebrouse a VII Semana do Libro do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.

 

Organizouse un concurso literario no que participou todo o alumnado no noso centro. Os gañadores foron os seguintes:

Marcos Lista - 3 anos

Mireia Trillo - 4 anos

Antón Montes - 5 anos

Mireia Traba - 6 anos

Eva Costa - 7 anos

Asier López - 8 anos

Uxía Felpete - 9 anos

Lucía Fernández - 10 anos

María Domínguez - 11 anos

Ademais, o xoves 26 de abril, a través do Concello, tivemos un espectáculo máxico-lingüístico "Lingua do país" por Martín Camiña, con asombrosas ilusións con cartas, cordas...

Por último, o venres 27 de abril, tivemos a visita de Rocío Leira, que realizou un obradoiro literario co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:

 

 

 

 

SEMANA DA PRENSA 2018

O alumnado de 3º curso de Educación Primaria realizou o seguinte traballo co motivo da Semana da Prensa:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018

O alumnado da área de Alternativa de 3º/4º elaborou o seguinte mural co motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo:

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

O alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, co motivo da celebración do día adicado a Rosalía de Castro o 24 de febreiro, elaborou o seguinte mural:

EXCURSIÓN CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado 2 de marzo o CEIP Santa Eulalia de Dumbría asistiu a un concerto didáctico que tivo lugar na Casa de Cultura de Cee.

MAR NA ESCOLA 2018

Iniciamos hoxe, luns 5 de marzo, unha nova edición do programa "O mar na escola". Hoxe tocou clase teórica.

QUEN DIXO MEDO?

O mércores 21 de febreiro tivo lugar no CEIP Santa Eulalia de Dumbría, a través da Deputación da Coruña e do Concello de Dumbría, unha serie de contacontos e obradoiros de manualidades para o alumnado de Educación Infantil. Ademais, os cursos de 4º e 5º de Educación Primaria desenvolveron unha xincana coeducativa "Sen violencia, sen medo".

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2018

O 17 de febreiro tivo lugar na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Campo a Través, onde Pablo Costa Carabel, alumno do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, acadou un máis que meritorio oitavo posto na categoría alevín masculino. Noraboa Pablo!

DÍA DA PAZ 2018

Powered by Drupal - Design by artinet