Blogues

DATAS PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA AXUDAS DE LIBROS-FONDO LIBROS-MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Pola presente comunícaselles que mañá, 04 de xulllo, publicarase a listaxe provisional de axudas de libros (1º/2º de primaria), fondo libros (3º/4º/5º/6º de primaria) e material escolar (1º/2º/3º/4º/5º/6º de primaria) para o curso 2024-2025 das familias que entregaran a solicitude de participación no prazo establecido.

As vías para consultar esta listaxe serán as seguintes:

  • A través de vía telefónica, chamando ao 881880654.
  • A través de correo electrónico, enviando e-mail a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Acudindo ao centro no horario indicado nesta páxina web para o mes de xullo.
  • A través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365/certificado dixital e premendo no menú "Cidadán".

Poderase realizar reclamacións á listaxe provisional nos dous días seguintes á publicación da mesma.

A listaxe definitiva publicarase o 11 de xullo.

A recollida de vales no centro para axudas de libros (1º/2º de primaria) e material escolar (1º/2º/3º/4º/5º/6º de educación primaria) será os días 15, 16 e 17 de xullo no horario indicado nesta páxina web para o mes de xullo.

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 premendo aquí.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

COMEDOR 2024-2025

Estimadas familias:

Segundo Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025, para poder ser usuario do servizo de comedor haberá que entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal a partir do día 25 de xuño e ata o 01 de setembro, o modelo de autodeclaración (Anexo II). Premer aquí para consultar o concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita.

Para ser colaborador no comedor, nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario, comunícaselles que a partir do día 25 de xuño e ata o 1 de setembro, estará aberto o prazo de admisión. Os interesados e as interesadas deberán de entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal, o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, así como por calquera delito de trata de seres humanos; ademais deberán achegar o NIF, ou no seu caso o NIE, así como certificación acreditatiiva dunha entidade financeira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos. O importe pola dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor será de 12,50 euros por día de asistencia efectiva.

No caso de que o alumnado usuario do servizo de comedor presente algún tipo de alerxia/intolerancia alimentaria ou teña que seguir unha dieta concreta será necesario presentar certificado médico correspondente.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

XOGOS EDUCATIVOS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

O arquivo adxunto recolle un enlace da mestra Luisa de xogos educativos de audición e linguaxe para pasar un tempo de lecer.

TOPONIMÍZATE

O mércores 19 de xuño o alumnado de 3º/4º/5º/6º asistiu ao evento "Toponimízate" no Centro Social do Concello de Dumbría.

O alcalde do Concello de Dumbría, Raúl González Lado, o secretario xeral da Lingua, Valentín García e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, recoñeceron o traballo do autor Modesto García Quintáns, tras realizar unha donación de 8000 microtopónimos de Dumbría que se incorporaron á plataforma Galicia Nomeada.

Durante o evento, o alumnado do centro entregoulle unha serie de traballos e debuxos a Modesto García Quintáns.

 

PRIMEIROS AUXILIOS

 

CONCURSO DE BAILE

Os gañadores do último concurso de baile foron...

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO - MES DE XULLO

Estimadas familias:

Pola presente comunícaselles que o horario do centro no mes de xullo será o seguinte:

  • Luns, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Martes, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Mércores, de 10.30 a 13.20 horas.
  • Xoves, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Venres, de 10.30 a 13.20 horas.

Poderán facer calquera consulta ou pedir cita a través do correo electrónico ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal ou por vía telefónica chamando ao 881880654.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

VÍDEO DESPEDIDA 6º DE PRIMARIA

Aquí tendes o vídeo de despedida do alumnado de 6º de Educación Primaria do curso 2023/2024.

Foi un inmenso pracer teros como alumnos e alumnas! As portas do colexio sempre estarán abertas para vós!

CONCURSO DE BAILE

E os gañadores da semana do 27 ao 31 de maio foron:

Powered by Drupal - Design by artinet