Hoxe, 12 de decembro, entregamos os carnets da biblioteca a todo o alumnado do noso centro:
Actividades
Semana do Libro
Este ano para conmemorar a semana do libro, ademais do traballado en cada titoría, todo o colexio realizou un obradoiro de encuadernación da man dos usuarios de Aspadex.
VII SEMANA DO LIBRO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA
Durante a semana do 23 ao 27 de abril celebrouse a VII Semana do Libro do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.
Organizouse un concurso literario no que participou todo o alumnado no noso centro. Os gañadores foron os seguintes:
Marcos Lista - 3 anos
Mireia Trillo - 4 anos
Antón Montes - 5 anos
Mireia Traba - 6 anos
Eva Costa - 7 anos
Asier López - 8 anos
Uxía Felpete - 9 anos
Lucía Fernández - 10 anos
María Domínguez - 11 anos
Ademais, o xoves 26 de abril, a través do Concello, tivemos un espectáculo máxico-lingüístico "Lingua do país" por Martín Camiña, con asombrosas ilusións con cartas, cordas...
Por último, o venres 27 de abril, tivemos a visita de Rocío Leira, que realizou un obradoiro literario co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:
VII SEMANA DO LIBRO -CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA
Sesión de Contacontos con Lázaro en colaboración co Concello de Dumbría
A mestra Tomasa
O pasado mércores tivemos unha visita moi especial! Grazas á área de Lingua da Deputación de a Coruña e ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Dumbría, a compañía de teatro "Duende Sico" convertiu o noso cole nun bosque encantado cheo de historias e música en directo! "A mestra Tomasa" foi unha divertida obra de teatro onde o pasamos xenial escoitando divertidos contos. E ademais, os maiores do cole puidemos elaborar uns fermosos marcapaxinas.
VI SEMANA DO LIBRO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA
VI Semana do Libro: Rivadulla Corcón e Miro Villar