Novas

INICIO CURSO 2024/2025- CONTACTO MES DE AGOSTO

Estimadas familias:

Pola presente comunícaselles que segundo a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025, as clases e o servizo de comedor comezarán o 11 de setembro. 

Recordamos que nos meses de setembro e xuño o horario das clases será de 09.30 a 14.30 horas e o servizo de comedor de 14.30 a 15.15  horas.

O centro no mes de agosto permanecerá pechado. Aquelas persoas que queiran contactar co centro educativo ou presentar documentación poderán facelo a través do correo electrónico do colexio: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

O centro volverá a abrir a partir do 2 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DATAS PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA AXUDAS DE LIBROS-FONDO LIBROS-MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Pola presente comunícaselles que mañá, 04 de xulllo, publicarase a listaxe provisional de axudas de libros (1º/2º de primaria), fondo libros (3º/4º/5º/6º de primaria) e material escolar (1º/2º/3º/4º/5º/6º de primaria) para o curso 2024-2025 das familias que entregaran a solicitude de participación no prazo establecido.

As vías para consultar esta listaxe serán as seguintes:

  • A través de vía telefónica, chamando ao 881880654.
  • A través de correo electrónico, enviando e-mail a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Acudindo ao centro no horario indicado nesta páxina web para o mes de xullo.
  • A través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365/certificado dixital e premendo no menú "Cidadán".

Poderase realizar reclamacións á listaxe provisional nos dous días seguintes á publicación da mesma.

A listaxe definitiva publicarase o 11 de xullo.

A recollida de vales no centro para axudas de libros (1º/2º de primaria) e material escolar (1º/2º/3º/4º/5º/6º de educación primaria) será os días 15, 16 e 17 de xullo no horario indicado nesta páxina web para o mes de xullo.

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 premendo aquí.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO - MES DE XULLO

Estimadas familias:

Pola presente comunícaselles que o horario do centro no mes de xullo será o seguinte:

  • Luns, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Martes, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Mércores, de 10.30 a 13.20 horas.
  • Xoves, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Venres, de 10.30 a 13.20 horas.

Poderán facer calquera consulta ou pedir cita a través do correo electrónico ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal ou por vía telefónica chamando ao 881880654.

Os días 24 e 26 de xullo o centro permanecerá pechado.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

COMEDOR 2024-2025

Estimadas familias:

Segundo Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025, para poder ser usuario do servizo de comedor haberá que entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal a partir do día 25 de xuño e ata o 01 de setembro, o modelo de autodeclaración (Anexo II). Premer aquí para consultar o concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita.

Para ser colaborador no comedor, nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario, comunícaselles que a partir do día 25 de xuño e ata o 1 de setembro, estará aberto o prazo de admisión. Os interesados e as interesadas deberán de entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal, o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, así como por calquera delito de trata de seres humanos; ademais deberán achegar o NIF, ou no seu caso o NIE, así como certificación acreditatiiva dunha entidade financeira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos. O importe pola dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor será de 12,50 euros por día de asistencia efectiva.

No caso de que o alumnado usuario do servizo de comedor presente algún tipo de alerxia/intolerancia alimentaria ou teña que seguir unha dieta concreta será necesario presentar certificado médico correspondente.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25, o prazo para presentar solicitudes rematará o 21 de xuño de 2024 (incluído).

Poderán presentar as solicitudes dos seguintes xeitos:

  • Electrónica: utilizando a aplicación FondoLibros e presentando a solicitude na Sede Electrónica. Necesitará ter conta de Chave365 ou ter instalado certificado dixital-DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma. Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación FondoLibros, imprimir os Anexos I e II producidos e presentar no centro educativo.
  • Presencial manual no centor educativo (solicitar cita previa): cubrir os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presentalos no centro educativo.

O alumnado que non esta admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Para ver a documentación complementaria (artigo 11), pinchar aquí . Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

A data máxima para a devolución de libros empregados no curso 2023/2024 será o 21 de xuño de 2024 (incluído).

Información membros computables da unidade familiar (artigo 4): pinchar aquí

Información renda per cápita da unidade familiar (artigo 3): pinchar aquí

Para solicitar cita previa:

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL - CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Pola presente comunícase que todo o alumnado solicitante de admisión en 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2024/2025 está admitido con carácter definitivo.

Pode consultarse a listaxe definitva na secretaría do centro en horario de atención ao público.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024/2025 será do 01 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

O horario de atención ao público será de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas, e os mércores de 15.40 a 16.30 horas.

Realizarase unha xornada de portas abertas o 01 de marzo, de 10.00 a 11.40 horas.

Poden descargar os formularios de admisión nos seguintes enlaces:

Solicitude admisión (galego)

Solicitude admisión (castelán)

Ademais, as familias interesadas deberán de aportar a seguinte documentación: copia do libro de familia, certificado de empadronamento, fotocopia DNI proxenitores, fotocopia cartilla sanitaria e de vacinación, 4 fotos tamaño carnet e certificado médico no caso de intolerancias alimentarias, alerxias...

 

PUBLICACIÓN NOTAS 1º TRIMESTRE - CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

O próximo 21 de decembro publicaranse as notas en abalarMóbil correspondentes ao 1º trimestre do presente curso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

OBRADOIRO TEATRO

Onte, 28 de novembro, dou comezo o obradoiro de teatro proposto polo Concello de Dumbría como actividade complementaria no noso centro para o curso de 3/4 de Educación Primaria.

DUMBRÍA 2024 - PROXECTO XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS

Estimadas familias:

Este curso o centro realizará un proxecto chamado “Dumbría 2024” que consistirá en recrear uns Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

 

Nestas semanas xa fixemos unha actividade que consistía en recrear a bandeira olímpica cos cinco aros. Cada aula foi a encargada de un aro.

A seguinte actividade consistirá en que o alumnado do centro coa colaboración da súa familia elabore o logo dos nosos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Dumbría 2024. O pasado venres, o alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º fixo unha presentación dos requisitos que debe ter o noso logo e describiu algúns exemplos para orientar a todos os seus compañeiros e compañeiras.

A data límite para que o alumnado presente a súa proposta do logo de Dumbría 2024 é o venres, 1 de decembro.

Powered by Drupal - Design by artinet