ANPA

NOVOS LOBOS

Estimadas familias:

O vindeiro luns, 20 de novembro, todo o alumnado do centro asistirá a un espectáculo de monicreques en prol da igualdade de xénero titulado "Novos lobos" organizado a través da ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.

O evento terá lugar nas instalacións do centro.

CONCURSO LOGOTIPO ANPA "15 DE MAIO"

A ANPA "15 de maio" comunica o seguinte:

"Moitas gracias a tódolos participantes, profes e nais/pais que nos axudaron nesta aventura de elixir o noso logotipo.  

Qué difícil ter que quedar só cun gañador!!! E esperamos que tódolos gañadores desfrutedes do voso premio. 

Estes son os gañadores...

 

Gañadora do colexio Yurena curso 3º e 4º

Gañadora aula INF A Marta

Gañadora aula INF B Noa

Gañadora 1º e 2º Isabella

Gañador 3º e 4º Rodrigo (recolle o premio Daniela)

Gañador 5º e 6º Antón"

CONCURSO ANPA 15 DE MAIO

Publícanse as bases do concurso entre todo o alumnado do colexio para o deseño dun logotipo para ANPA "15 de Maio".

BASES DO CONCURSO PARA O DESEÑO DUN LOGOTIPO PARA APA 15 DE MAIO DE DUMBRÍA

PREÁMBULO: A APA 15 de maio do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría non dispón dun logotipo que a identifique dun xeito fácil e inequívoco. Por esta razón, convócase un concurso de deseño do logotipo entre todo o alumnado do colexio.

BASES DO CONCURSO:

1. Obxectivo: Deseño do logotipo destinado a se-la imaxe da APA en toda difusión de información e redes sociais.

2. Requisitos: O logotipo deberá reflexar a natureza da APA e do colexio e, se fora posible, a orixe do nome 15 de maio. (O 15 de maio de 1998 foi a data na que se producía unha grande mobilización para a reclamación que a ESO quedara en Dumbría)

3. Participantes: Poderán participar no concurso tódolos alumnos do centro. Cada concursante só pode presentar un deseño e de forma individual.

4. Proposta: O deseño será orixinal.

5. Documentación: Deseño en tamaño 21x21. O centro seleccionará a forma máis cómoda para facer visibles os debuxos. Na parte traseira, de forma que non sexa visible, identificarase o autor do deseño co nome e apelidos e o curso.

6. Prazo de Presentación: O prazo para presentar os deseños acabará o 27 de marzo.

7. Xurado: O xurado encargado de valorar as propostas estará formado por: a. Un membro do profesorado do centro b. Un membro da xunta directiva da APA. c. Unha nai/pai do centro. Na medida do posible, ningún membro do xurado debe saber quen é o creador do deseño. ANPA 15 DE MAIO CEIP Plurilingüe Santa Eulalia 15151 – Dumbría anpa.15demaiodumbria@outlook.es

8. Acordo do xurado: Entre tódolos deseños presentados, o xurado elixirá un total de 6 premios. Un por aula e un gañador do centro. Os premios non son acumulativos, o gañador do centro non pode selo tamén da aula.

9. Dotación do premio: A APA concederá ó gañador do cole un bono de 50 euros e 5 premios (un por aula) de 15 euros para gastar nunha librería elixida pola APA.

10. Propiedade intelectual: O logotipo premiado quedará en propiedade exclusiva e permanente da APA 15 de maio, que terá completa liberdade para utilizalo total ou parcialmente no momento e forma en que considere preciso.

11. Publicación: A participación no concurso presupón a aceptación das presentes bases en todos os seus termos. O fallo farase público na páxina web do centro e no grupo da APA o 30 de marzo. As bases poderán ser consultadas na web do colexio e no grupo da APA. A APA resérvase o dereito de adaptación do logotipo segundo as necesidades do uso do mesmo. Realizarase unha presentación do logotipo no Centro no que tamén se fará a Entrega do premio ós gañadores.

A xunta directiva

Powered by Drupal - Design by artinet