Blogues

Campionato Provincial Centros Educativos de Campo a Través

Hoxe, 22 de febreiro, tivo lugar en Noia, o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, onde Pablo Costa Carabel, quedou primeiro na súa categoría, alevín masculino.

Día da Paz 2019

Este ano, polo Día da Paz, centrámonos na figura de Wangari Maathai, que gañou o Premio Nobel da Paz en 2004 pola súa contribución á paz no mundo a través do Movemento Verde. Na tradición africana, unha árbore é un símbolo da paz.

 

As árbores que se plantaron foron o ginkgo biloba, o olivo, o castiñeiro e o acivro.

 

 

CAMPIONATO INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS 2019

O pasado 25 de xaneiro tivo lugar o Campionato Intercomarcal de Campo a Través en Porto do Son.

 

Os atletas participantes foron Pablo Costa Carabel, en categoría alevín masculino, e Carla Arias Quintáns, en categoría infantil feminino.

 

Pablo Costa Carabel acadou o primeiro posto na súa proba e clasificou para o Campionato Provincial de Centros Escolares que terá lugar en Noia o próximo 22 de febreiro.

CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL 2018

Gañadora Educación Infantil: Yurena

Gañador 1º/2º Educación Primaria: Lucas

Gañador 3º/4º Educación Primaria: Ismael

Gañador 5º/6º Educación Primaria: Roi

 

 

NADAL 2018

Actuación Educación Infantil A

Actuación Educación Infantil B

Actuación 1º/2º Educación Primaria

Actuación 3º/4º Educación Primaria

Actuación 5º/6º Educación Primaria

Actuación Música

ç

Actuación Inglés

 

 

NADAL 2018

O Colexio de Dumbría celebra o 25 N desde a radio

Durante os días 22 e 23 de novembro celebrouse no noso colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero a través de dous talleres, un de prensa dixital e outro enfocado á radio. Para iso contamos coa presenza de Óscar Rey e Ubaldo Cerqueiro.

Ao longo da mañá do xoves 22, Ubaldo realizou sendos talleres de prensa dixital, tanto para o alumnado de educación infantil como de primaria. Na mañá do venres 23, coa axuda de Óscar e Ubaldo, desde 1º a 6º de primaria, gravaron as súas pezas radiofónicas que soarán nas ondas da Costa da Morte.

Pinchando aquí tendes a noticia publicada polo portal "Que pasa na costa"

 

 

Campionato Galego Atletismo en Pista

O sábado 9 de xuño tivo lugar no Centro de Tecnificación Deportiva en Pontevedra o Campionato Galego de Atletismo en Pista.

 

Na categoría alevín, participaron Martín Castiñeira Sánchez, que quedou 17º en lanzamento de pelota e, Pablo Costa Carabel, que quedou 3º na proba de 500 metros lisos:

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2018

O sábado 19 de maio tivo lugar o Campionato Provincial de Atletismo en Pista onde acadamos uns magníficos resultados:

Martín Castiñeira Sánchez, campión provincial alevín de lanzamento de pelota:

Pablo Costa Carabel, subcampión provincial alevín 500 metros lisos:

Andre Rey Barcia, 9º posto en lanzamento de peso alevín:

Samuel Lema Pereira:

10º posto, en lanzamento de peso infantil

8º posto, en lanzamento de xavalina infantil

 

LETRAS GALEGAS 2018

O mércores 16 de maio, co motivo da celebración das Letras Galegas, realizamos unha gymkhana con diferentes probas en torno á figura de María Victoria Moreno:

 

Powered by Drupal - Design by artinet