Blogues

Letras Galegas

O día 16 de maio festexamos as Letras Galegas. Fixemos unha gymkhana con diferentes probas en torno á figura de Antón Fraguas. Ademais, ao longo da semana, realizáronse diversas actividades relacionadas con esta conmemoración.

Córax

No terceiro trimestre o alummando de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º, e 4º de Educación Primaria realizou unha visita a Córax, onde puidemos ver de preto leóns, tigres emonos entre outros animais. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foi de excursión a Madrid.

Concerto didáctico

A través do CEFORE, o alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría disfrutou dun concerto didáctico de música tradicional o 3 de maio na biblioteca do centro.

Semana do Libro

Este ano para conmemorar a semana do libro, ademais do traballado en cada titoría, todo o colexio realizou un obradoiro de encuadernación da man dos usuarios de Aspadex.

Robótica

A través do Concello de Dumbría, todo o alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría iniciouse no mundo da Robótica. Foi unha actividade que tivo lugar ao longo dos meses de abril e maio nos recreos do comedor.

MAR NA ESCOLA 2019

Este curso o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha nova oportunidade para iniciarse e perfeccionarse en actividades náuticas.

EXCURSIÓN TORRES DO ALLO

No segundo trimestre fomos ás Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galiza. Durante a visita realizamos un percorrido polas súas instalacións, aprendemos os produtos que chegaron ás nosas terras despois do descubrimento de América, prantamos sementes, texemos e xogamos no seu xardín.

SEMANA DA PRENSA 2019

A Semana da Prensa estivo cargada de actividades con xornais locais e autonómicos, en formato papel así como dixital. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi recibir a visita da poetisa, presentadora de TV, guionista...Yolanda Castaño!

ENTROIDO 2019

Os bolechas

Os Bolechas viñeron ao CEIP Santa Eulalia de Dumbría para ensinar aos maiores o que deben facer cos residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos

Powered by Drupal - Design by artinet