Blogues

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2017

O pasado 20 de maio tivo lugar, na Pobra do Caramiñal, o Campionato Provincial de Atletismo en Pista.

O noso alumnado conseguiu uns magníficos resultados:

  • Pablo Costa Carabel: 1º na proba de 1000 metros lisos, categoría benxamín e, polo tanto, CAMPIÓN PROVINCIAL.

  • Pablo Costa Carabel: 2º na proba de lanzamento de peso, categoría benxamín.
  • Samuel Lema Pereira: 3º na proba de lanzamento de peso na categoría alevín.
  • Samuel Lema Pereira: 11º na proba de lanzamento de xavelina, categoría alevín.
  • Ainhoa Trillo Pousa: 8º na proba de 60 metros lisos, en categoría alevín.
  • Carla Arias Quintáns: 12º na proba de lanzamento de xavelina, categoría alevín.
  • Carlos Costa Carabel: 6º en 1000 metros lisos, na categoría infantil.
  • Lucía Rodríguez Sendón: 5º en lanzamento de martelo, categoría infantil.
  • Lucía Rodríguez Sendón: 9º en lanzamento de disco, categoría infantil.
  • Lucía Rodríguez Sendón: 10º en lanzamento de peso, categoría infantil.

Entrega de cinturóns - Taekwondo

Inukshuks

Sabedes o que son os Inukshuks??  Pois son unhas esculturas de pedra que fan os esquimós para poder orientarse a neve. Imaxinádevos toda Dumbría cuberta cun manto branco? Non saberíamos chegar á escola! Pois grazas a estas esculturas xigantes que teñen os esquimós poden guiarse pola neve sen perderse e así chegar a calquer lado
O pasado xoves, aproveitando que facía moi boa tarde, os nenos e nenas de infantil A saímos ao patio a crear os nosos propios inukshuks con bloques de madeira. Ao principio cada parella creaba un ou un par deles, pero despois a creación xa foi pasando a gran grupo. Aquí vos deixamos algunhas fotos das preciosidades que fixemos! E fixadevos ben, que en algunhas estamos alí ao lonxe!

 

VII SEMANA DO LIBRO -CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

 Sesión de Contacontos con Lázaro en colaboración co Concello de Dumbría

Biscoito de chocolate

Esta mañán os nenos e nenas de primeiro e segundo realizaron un biscoito de chocolate. Debía estar ben bo, que non nos quedou nin a proba! 
Ollade que ben o fixeron, e tomade nota de todos os ingredientes!

Xogos no patio

Nótase que chegou a primavera!

 

Pintura xeada!

Pintura xeada!

 
Xa hai uns cantos días que estivemos a experimentar co auga e co xeo, e despois de probar a conxelar auga con forma de boneco de neve... quixemos dar un paso máis.
O que nos propuxemos foi conxelar pintura! Si, si! Como o ledes! E despois, con ela, pintamos unha  "Aurora boreal". A pintura estaba algo fría, e manchámonos "un pouco" as mans pero... pasámolo xenial!
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet