Skip to Content

5 anos

VENRES 27

Boas tardes familias, desculpade o restraso de hoxe para subir as propostas do día. Antes de nada quería reiterarvos o dito no grupo onte, que tamén expresan moi ben as compañeira de 4 anos na súa entrada de onte no seu blogue: as propostas que vos facemos pretenden ser únicamente unha axuda que intentamos ofecervos na distancia para manter a conexión e, ao mesmo tempo, sentir que colaboramos con vós na tarefa de encher estas hora de encerro. Non son, polo tanto, un intento de convertervos en mestras e mestres, nin de que os nenos e nenas fagan nin unha soa cousa das que propoñemos. A vida da escola non pode manterse nesta situación, así que non pretendemos que fagades das casas unha pequena escola, faltan demasiados elementos para que así sexa. Esperamos con estes artigos aportarvos algunha idea, unha inspiración cando non se vos ocorra que facer para que os vosos fillos e fillas fagan algunha actividade nova na casa. O fundamental segue sendo, especialmente nestas edades, que as nenas e nenos XOGUEN, principalmente de forma libre, que se divirtan, se entreteñan e se sintan inpirados para crear os seus xogos. Podemos colaborar con eles preparándolles un espazo especial, un ambiente preparado, buscando materiais novos que, en realidade, sempre estiveron aí (minimundos), propoñéndolles algunha actividade guiada cando teñan ganas dunha nova experiencia con vós, ou vós a queredes ter con eles/as. Somos moi conscientes, tamén, de que moitos seguides traballando fóra e dentro da casa, así que, por favor tomade esto como o que é sen máis. Se vos serve para algo, fantástico, se non, queremos que saibades que estamos aquí para o que poidamos achegarvos, na distancia.

 ANIVERSARIO DE ABRAHAM: Moitos parabens Abraham na túa 6ª volta ao sol, xa 6 aniños, así que envíote 6 tiradiñas suaves de orellas e unha aperta xigante. Que desfrutes moito do teu día coa túa familia e oxalá pronto podas celebralo con todos os teus amigos e amigas. 


PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA: Estou segura de que todos os vosos nenos e nenas xa fixeron isto ou algo moi parecido na casa, pero é a nosa proposta do día: preparar o almorzo (desayuno). Podemos facer un zume de laranxa ou, mellor aínda, un batido de froitas. Para iso temos que pelar e/ou cortar a froita. O importante nestes casos é medir o que poden facer en seguridade. Poden pelar unha laranxa ou mandarina coa man, poden lavar fresas, peras e mazás,... poden cortalas utilizando a técnica adecuada e un coitelo cun filo adecuado tamén, sin demasiado afilado nin demasiado romo para evitar que teñamos que facer demasiada forza. Hai que agarrar a froita como na imaxe, para sacar os dedos do camiño do coitelo (cuchillo). E sempre baixo a vosa supervisión. Se non podemos facer o batido podemos facer o zume e/ou poñer o resto de froitas en cachiños dunha forma creativa (como máis lles guste a eles/as). Logo poden cortar rebanadas de pan (se non é moi duro) ou colaborar facendo as tostadas de pan de molde. Poñer a mesa, adornala co noso xarrón do outro día, doblar as servilletas dun xeito orixinal... A fin de semana os almorzos poden ser longos e especias porque, normalmente, ningúen ten que ir traballar.

 

 

Nesta páxina de PEQUEFELICIDAD tendes máis imaxes e ideas.

 

PROPOSTA DE EXPERIMENTOS: Nesta ocasión propóñovos facer un experimento moi bonito e doado: Leite máxica. Os materiais que necesitades son:

-colorante alimentario de varias cores (mellor líquido, se é en crema o podedes diluir previamente en un pouco de auga para facelo líquido)

- leite enteira de vaca

- deterxente la louza (loza) concentrado tipo Fairy, nun vaso.

- un prato fondo e amplio e

- uns bastonciños hixiénicos

 EXPERIMENTO:

1º Botamos o leite no prato.

2º Botamos varias gotiñas de colorantes de varias cores espalladas pola superficie do leite.

3º Mollamos o bastonciño en un pouco de deterxente.

4º Achegamos o bastonciño con deterxente á superficie do leite, mellor onde haxa algunha gota de colorante e tocamos a superficie con coidado.

5º Obxervamos e repetimos tantas veces como queirades. Sen remexer moito, trátase de tocar a superficie.

 

 

PROPOSTA DE LETRAS: Como vos dixen en outras ocasións, podedes aproveitar o experimento para facer un pequeño libriño ou ficheirto de experimentos e receitas curiosas.

Unha segunda proposta pode ser escribir unha mesaxe de agradecemento para as persoas que, nesta situración difícil e especial, seguen facendo o seu traballo para que todo funcione. Esta idea xurdeu da bibliotecea do CEIP Vicente Otero de Carral, Os bibliosbardos. Dun blogue que se chama o blogue de patricia, pero non o atopei na rede, por iso vos paso a foto que me enviaron. Pareceume unha idea tan bonita que vola traslado, por se pensades o mesmo: consiste en que escribades un cartel de agrademento e o peguedes na bolsa do lixo ou no conlector do lixo no que as vosas familias vaian botar o lixo habitualmente, para agradecerlle ás persoas que o recollen o seu duro traballo. Ao mellor se vos ocorre outro lugar moito mellor para pegalo, ou darllo á panadeira/o, aos dependentes/as do supermercado, ás compañeiras e compañeiros dos vosos pais (se teñen que ir traballar)... Hai moitas persoas que están axudándonos. Podemos sacar algo bo de todo isto sendo AGRADECID@S.

 

 

PROPOSTA DE LÓXICA E PLÁSTICA: Hoxe propóñovos un xogo moi divertido, pero algo laborioso de facer: o twister. Con este xogo traballaremos a lateralidade: man dereita, man esquerda, pe deito, pe esquerdo. Nós en clase sempre lembramos que a única cousas que seguro que facemos todos e todas, destras e zurdos, coa dereita é dar a man para saudar.

Neceitaredes unha sábana vella ou un mantel de tela, papel ou plástico vello; pintura tipo témpera, ou ceras brandas ou rotuladores no seu defecto, un cartón, un alfiler ou chincheta e un cachiño de cartolina para facer a frecha da ruleta.

Atopei na rede estas dúas fotos que me parece que ilustran moi ben a idea (non consigo acceder á paxina que aparece nelas), tamén vos deixo un video tutorial que ten unha calidade media-regular, pero é o que atopei que utiliza os materiais máis doados de ter pola casa.


COMO SE XOGA AO TWISTER:

O xogo dinos que temos que ter un xuez que non xoga e é a persoa que lle da a ruleta. Todos os xogadores/as teñen que poñer a súa extremidade onde nos indica a ruleta, por exemplo: man dereita ao vermello. Todas e todos poñemos a man dereita no vermello. O ideal é xogar tres ou catro xogadores/as para que se complique e sexa máis divertido ir poñendo as posturas que nos manda o xogo. Se volve a sair a man dereita todos a cambiamos de cor segundo nos manda a ruleta. Temos que decidir entre todos se podemos apoiarnos con un cóvado ou xeonllos (codo o rodilla) para estar más cómodos. Suponse que gaña quen máis aguanta sen caer e coas extremidades onde manda o xogo, pero creo que neste xogo o final é o de menos, o que conta é o gracioso que é xogalo entre varios, para que as posturas sexan cada vez máis complicadas e nos botemos unhas risas. Espero que, se decidides facelo, o disfrutedes. 

 

 

PROPOSTA DE CONTO DIXITAL: 

 

UNHA APERTA GRANDE A TODOS E TODAS (INCLUÍDOS OS/AS QUE NON SAIDES NESTA ÚLTIMA FOTO, POR SUPOSTO), CANTO VOS BOTO DE MENOS!! 

AS VOSAS FOTOS DAS ACTIVIDADES QUE ESTADES FACENDO NA CASA

Moitas grazas por conmpartir con todo o grupo as fotos dalgunhas das cousas que estades facendo estes días na casa, videos e mensaxes de voz saudando e contandonos cousas:

Grazas especialmente a Gael, Helena, Bran, Santiago, Oliver, Dario, Hue protagonistas destas imaxes.

Unha aperta a tod@s!!

 

Laura

XOVES 26

Bo día familias, as proposta para hoxe son as seguites:

 

PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA E PLÁSTICA: Unha actividade que lles gustou bastante a tod@s na clase e que nos ven moi a conto coa chegada da primavera é a de facer adornos florais: recortar os tallos e organizar as flores e plantas como máis nos gusta, facendo floreiros ou outro tipo de adornos, como coroas ou guirnaldas. Sen embargo non é o momento de sair a recoller flores, así que vos propoño facer un floreiro ou unha guirnalda cos papeles de cores de todo tipo que poidamos ter pola casa. Non teñen por que ser exactamente os que vos propoñen no enlace que vos poño a continuación, podemos usar, ademáis de cartolina, folios de cores ou folios brancos que podemos decorar cos nenos/as facendo lunares, raias, estrelas... de cores, outro tipo de papeis como xornais (periódicos), papel de regalo de todo tipo, papel de alumnio, papel de forno,... e combinalos. Usade a imaxinación a ver se tedes algo útil para isto pola casa. Tamén necesitaredes, para facer flores de xarrón, unhas palliñas ou pinchos morunos para os tallos.

Premendo na imaxe ides á web de pequeocio.com, onde atoparedes 4 tipos distitos de flores para facer, pero igual se vos ocorren formas novas ou as atopades máis interesates para vos pola web.

 

PROPOSTA DO OBRADOIRO DE PINTURA: Esta actividade tiña moitas ganas de propoñela eu na aula. Para realizala necesitades unha hielera que sexa branca ou transparente, para que se vexan ben as cores coas que imos traballar. Tamén necesitamos tres vasos totalmente transparente cheos de auga. O último elemento é máis difícil: necesitamos un contagotas (cuentagotas). Supoño que isto non é tan doado que o teñades pola casa, pero ao mellor a podedes utilizar, temporalmente dun frasco de vitaminas, por exemplo, ou mesmo dun frasco de Apiretal para nenos/as. Tendes que lavalo ben e xa está. Se non vos animades ou non tendes nin esta opción podedes utilizar culleiriñas (cucharillas). A terceira cousa que necesitamos é colorante amarelo, vermello (rojo) e azul, que son a tres cores básicas.

Con todo o material preparado botaremos unhas gotiñas de cada cor básica nos vasos con auga, así teremos un amarelo, outro vermello e ourto azul. Agora son eles os que deben ir vendo que cores se crean cando botan unha gotiñas de cor nun oco da hielera e logo o mesturan coas gotiñas doutra cor. Creo que na foto vos quedará bastante claro. Se non premedes na mesma e vos levará, unha vez máis ao blogue de Sara Delgado en Instagram onde tendes máis fotos desta actividade.

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: Proñovos hoxe escribir a receita de onte do Obradoiro de cociña, a receita da base de pizza, tal e como vos comentei nos videos do grupo de whatsapp. Outra opción é facer os carteis para distintos ingredientes da cociña, tal e como nos propoñía a familia de Bran. Unha terceira opción é seguir con outras letras do xogo de onte, que vos dará para moitos días, se vos gusta.

 

PROPOSTA DE LÓXICA – MATEMÁTICA: Hoxe propóñovos un xogo de trazo, para practicar o trazo dos números. Na clase traballamos o trazo do 1 ao 3, estabamos comezando co trazo do 4. Algunhas nenas e nenos xa trazan ben todos os números, pero outros/as aínda non. Por iso creo que esta actividade pode estar bén para ambos casos. Necesitades sal fina ou pan raiado, un plato ou caixa dunha cor que faga contraste coa cor da sal ou do pan. Logo marcades uns folios en cadradiños de 6 x 6 cm apróximadamente (que o tamaño sexa exacto non é importante). Podedes pedirlles a eles/as que recorten os cadradiños. Logo, por un lado do cadradiño facedes un número e polo outro lado facedes os puntiños correspondentes, como na foto. Os nenos que necesiten prácticar o trazado dádeslles a tarxeta pola cara coa grafía do número, para que a imiten no plato coa sal, como na primeira imaxe. Os que xa controlan isto teñen que escribir a grafía do número sen vela, dadeslle as tarxetas pola parte dos puntiños (poden ter números ata o 20, para os que xa controlen ben os números anteriores). Así irán contando puntiños e escribindo o trazo do número correspondente, como na segunda foto. Poden autocorrexirse mirando na outra cara da tarxeta, despois, para ver se o fixeron ben. Pásovos tamén unha plantilla coa correcta forma de trazar os números. Isto é moi importante para non coller manías no trazo difíciles de correxir no futuro. Creo que se entende, pero se tendes dúbidas co trazo, fágovos outro video.

  

PROPOSTA DE CONTO DIXITAL:

 

 

 

 

MÉRCORES 25

Bo día familias de 6º de infantil. Propostas para hoxe:


PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA: Hoxe propoñemosvos limpar zapatos. Parece unha tarefa aburrida é insulsa, pero, ás veces, aos nenos/as failles a súa gracia. Poden ser zapatillas de deporte ás que lle botamos betún de cor branca. Non teñen por que ser zapatos.

De novo a foto é do blogue de Sara Delgado en Instagram, premento na ligazón anterior podedes ver un video da súa clase con esta actividade.

 

PROPOSTA DO NOSO TALLER DE MEDIOAMBIENTE. Hoxe vos propoñemos facer unha pequena investigación pola rede de internet ou por algún libro ou revista de consulta que poidades ter, para crear uns carteis para os vosos cubos do lixo (basura). Serían uns carteis cos elementos que debemos botar en cada un dos cubos do lixo das nosas casas: verde escuro ou marrón, amarelo, verde claro e azul. Así podemos comezar a traballar un pouco mellor dende as casas ese proxecto anual que temos na escola para intentar reducir o consumo de plásticos. Creando nas casas este cubo amarelo podemos ver canto plástico consumimos. Ademais así nos concienciamos un pouco máis da necesidade de facer unha boa clasificación do lixo que podemos reciclar e promover así o coidado do medioambiente. Póñovos un exemplo do cartel para o "cubo amarelo":

Podedes facer un xogo como o que vos mostro a continuación, imprimindo elementos ou debuxando e coloreando. 

Xogo on-line: https://www.cokitos.com/reciclar-basura/play/

 

 

PROPOSTA DO TALLER DE COCIÑA: Seguro que a case todos/as vos gusta a pizza, así que hoxe vos propoño facer unha masa caseira, moi doada e rica. Ademais logo podemos poñer por encima o que máis nos guste a cada familia. Mesmo podemos dividir a pizza resultante en varias partes e cada membro da familia pon o seus ingredientes favoritos na mesma. Se non tendes unha pesa podedes intentar buscar unha receita a base de cuncas (tazas), pero sería xenial se tendes a pesa para facer esta tarefa de lóxica.

INGREDIENTES

  • 30 g de aceite de oliva virxen extra (e algo máis para engrasar un bol)

 

  • 220 g de auga a temperatura templada ou algo quente.

  • 20 g de levadura prensada fresca desmenuzada
    ou ben dúas culleiriñas de levadura de panadería deshidratada (8 gr)

  • 400 g de fariña de forza.

  • 1 culleiriña de sal.

PREPARACIÓN

O primeiro tendes que mesturar a auga coa levadura na propia xarriña da auga.

Nun bol mesturades os ingredientes secos: a fariña e o sal, cunha espátula. 

Despois facedes un oco no centro da mestura de fariña, coma o crater dun volcán (jeje) e aí botades os ingredientes líquidos, a agua mesturada coa levadura e o aceite. 

Agora toca revolver moi ben coa espátula, pero cando sexa complicado hai que empezar a amasar coas mans moi limpiñas.

Cando a masa xa non se nos pegue tanto ás mans a poñemos nunha superficie de traballo limpa e espolvorexada de fariña para seguir amasando un cachiño. Se vos pega moito engadides algo máis de fariña.

Cando a masa estea elástica e non peque facedes unha bola e a deixades repousar no bol previamente engrasado con algo de aceite. Tapades o bol cun trapo limpo e o poñedes nunha zona seca e algo calurosa da casa, para que levede. Polo menos 40´.

Pasado ese tempo debería ter duplicado (ou case) o seu volume. Collemos a masa e a amasamos outra vez na mesa de traballo previamente espolvorexada de fariña. Cando volva estar elástica a tendes que estender coa axuda dun rolo de cociña ou unha botella de cristal grande e limpa. Facedes así a forma da pizza, redonda ou cadrada, segundo os vosos gustos, e co grosor desexado pola familia.

Agora toca poñela sobre un papel de fornear e botarlle os ingredientes preferidos. Suxírovos unha base de tomate frito caseiro e logo o que vos guste: pode ser queixo, xamón cocido, atún, cabaciña, cogumelos, tomate natural, olivas, ananás (piña)...

 

 

PROPOSTA DE LÓXICA: Hoxe vos propoño facer crebacabezas ou puzzles. Preferiblemente dos que teñades pola casa, pero se non tendes ou xa os tendes moi feitos podedes crear o voso propio puzzle facendo un debuxo grande e complicado, logo o pintades, o pegades nunha cartolina e, finalmente facedes uns cortes por onde máis vos apeteza. Logo tendes que volver a montalo. O debuxo tamén volo poden imprimir da internet as familias se tendes impresora, se non, poden facervos o debuxo e vós o coloreades e cortades.

Se o preferides tendes moitas aplicacións de ordenador e tablet con puzzles dixitais, gratuítas. Non vos poño ningunha ligazón porque hai moitas e moi variadas, atoparedes sen problemas. 

 

PROPOSTA DE LETRAS: Unha das propostas que fixemos en letras na aula é a de ir colocando distintas miniaturas sobre unha das letras que propoñemos en grande. O mesmo vos propoño a vós. Empezamos polas iniciais dos compañeiros e compañeira da clase A, B (da igual que o obxecto que propoñamos sexa con B ou V, nos interesa o son, que é o mesmo), D, E e U , G, J (sonido J, non Y ou LL, por agora. Podedes buscar palabras con este son, pero non o asociedes á J), L, M, S. Non imos traballar o H porque non ten son por si soa. De feito as palabras que empezar por H podemos poñelas na primeira letra que soa, por exemplo Hueso podemos poñela na U, o que nos interesa e a asociación do sonido coa letra.

Aquí tendes unha foto do que facíamos no recuncho da clase. O que vos propoño e buscar obxectos pola casa que empecen por dúas letras que escollades cada día, como na imaxe. Facedes as grafías desas letras en grande, en dous folios por separado. Logo buscades pola casa tres ou catro obxectos e/ou xoguetes que comecen polas letras escollidas e metédelos nunha cesta.  O neno/a ten que por cada obxecto na letra correspondente segungo o son co que comeza o seu nome. En segundo lugar facedes unha ficha a man, como a da imaxe e terá que escribir, segundo a súa etapa lectoescritora, o nome de cada obxecto. Se non se animan a facelos sos podedes axudarlles marcando fonéticamente os sons de cada palabra. Pero a primeira parte do xogo, asociar o obxecto á súa letra inicial deberían facelo case todos/as sos.


PROPOSTA DE CONTO DIXITAL: 

EL VIAJE DE LAS MARIPOSAS. OQO editorial

 

 

MARTES 24

Bo día familias! Aquí vos deixamos as propostas do día:

PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA: Onte propúxenvos lavar unha peza de roupa da colada do fogar. Hoxe podemos aprender a dobrar algunha das nosas prendas de roupa. Por exemplo as camisetas, coa axuda dunha guía feita de cartón ou sen ella. Tamén podemos emparellar e doblar calcetíns e a nosa roupa interior.

PROPOSTA DO TALLER DE PINTURA: Nesta ocasión facemos dúas propostas por se non tendes o material para a primeira:

  • Imos facer unha experiencia coa cor branca. Para isto precisamos ter ceras brandas tipo ceras Manley na casa, porque imos usar a cera branca. Tamén necesitamos unha pintura en témpera de calquera cor ou acuarela. Nun folio branco propoñémoslle ao neno/a facer un debuxo coa cera branca, a penas se verá, sobre o fondo branco, pero igualmente lle pedimos que debuxe algo utilizando a maior parte do espazo disponíbel no papel. Imos facer un pouco de maxia...Con un pouco de témpera rebaixada con bastante auga (que pareza acuarela) ou con acuarela imos pintando cun pincel groso sobre toda a superficie do folio. Veremos o que acontece. Se algún de vós fai algunha destas experiencias e vos apetece, podedes mandarme unha foto e a podemos poñer neste blogue.

  • Se non temos ceras brandas propóñobos facer un debuxo utilizando cousas para estampar das que atopedes por casa, e que poidades manchar de pintura. Experimentade con distintas cores e estampados: propóñosvos tapóns de cortiza, facer tampóns de pataca e retallar cun coitelo (os adultos) un debuxo para estampar posteriormente, tapóns doutros recipientes, laranxa ou mandarina cortada a metade, outras froitas cortadas, …

     

PODEDES VER MOITOS EXEMPLOS NA SEGUINTE WEB https://actividades.dibujos.net/dibujar/crea-tu-dibujo-con-la-tecnica-de-la-estampacion.html

PROPOSTAS OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS: Xa fixeron no primeiro trimestre o experimento da lava do volcán. Nesta ocasión vos propoño repetir este espectacular experimento, que se fai con ingredientes caseiros que non teñen problema, así que a idea é que os deixedes facer todo a eles e ellas. Necesitades vinagre, colorante alimenticio e bicarbonato sódico (atopádelo no supermercado). Aquí vos deixo a ligazón para esta ESPUMA MÁXICA. Neste video tendes tamén os ingredientes para outros experimentos curiosos e doados de facer na casa. Tamén podedes repetir o da LAMPADA DE LAVA que fixemos en clase, para este necesitaredes auga, aceite vexetal, colorante alimentario e unha pastilla eferfescente tipo Alkaselser. Espero que o disfrutedes!

 

PROPOSTA DE LETRAS: Unha vez máis vos propoño utilizar os experimentos para introducir o traballo de lectoescritura dun xeito máis significativo e motivador. Podemos facer a actividade antes ou despois do experimento. Pedímoslles que asocien uns carteis, feitos por vos ou por eles, se se animan, co nome de cada ingrediente co propio ingrediente físico. Lembrade que lles poñemos todas as tarxetas na mesa e lles pedimos que escollan primeiro un ingrediente físico, o segundo paso é buscar o cartel co nome, marcando moito o fonema inicial. Algúns/has poden intentalo ao revés, presentades unha tarxeta e, tendo diante os ingredientes físicos, deben intentar ler cal é. Os/as que teñan ganas poden escribir con vós a receita dos dous experimentos, así ides facendo un ficheiriño de experimentos caseiros, como tiña pensado eu facer na clase.

 

PROPOSTA DE LÓXICA MATEMÁTICA: Xogo da Oca xigante, polo chan da vosa casa. Podedes facelo con xiz (tiza), se tendes un chan que o permita sen estropearse, ou con cinta de carroceiro, a de pintor, que non estropea as superficies.Outra opción é facer as casillas con papeis de periódico onde debuxamos, en grande, os números necesarios (facemos o taboleiro do tamaño que nos veña ben), de tal xeito que cada folla do periódico é unha casilla. Podemos debuxar pontes e pousadas, escaleiras, e serpes. Con rotus grosos para que ser vexa ben a pesar do periódico. É o noso xogo inventado, así que en cada lugar decidimos entre todos o que acontece antes de empezar a xogar: por exemplo, na pousada esperamos un turno, na ponte imos á seguinte ponte (tanto se está cara adiante como detrás de nós), na escaleira collemos un atallo, se toca a serpe ímos para atrás seguindoa da cabeza á cola, … Podemos inventar cousas para facer en cada número, e previamente as decidimos e escribimos en pequenas tarxetas que irán lendo oas maiores ou os nenos e nenas que poidan á medida que imos caendos nestas casillas: por exemplo, no número 5 retrocedes dous pasos, no número 6 adiantas catro pasos, no número 8 tiras outra vez, no número 9 teñen que facerche cóxegas todos os demais xogadores, no número 11 tes que quedarte espido en roupa interior, … a idea é poñer cousas divertidas para o xogo acordadas previamente entre todos/as. Se non vos parece factible facer o taboleiro xigante podedes inventar vós o taboleiro nun cartón ou en varios folios unidos con celo, o resto de xogo sería igual, pero en lugar de xogar co propio corpo podemos facer un boneco propio con plastilina, por exemplo.

 

 

SEMANA 2: LUNS 23 DE MARZO

Bo día familias! Moito ánimo nesta nova semana que comeza. As actividades que vos propoñemos para facer hoxe son as seguines: 

TAREFAS DO FOGAR (VIDA PRÁCTICA)

- Axudar coa colada: podemos comezar aprendendo a lavar unha peza da nosa roupa. Utilizado un recipiente como unha tina ou algo similar (podemos facelo no lavamans do baño se non temos outro recipiente). O ideal sería ter unha peza de xabrón da roupa clásico, tipo xabrón de lagarto, pero se non podemos usar un xabrón líquido de roupa delicada ou mesmo un xabrón de lavar as mans (os deterxentes habituais poden ser algo fortes para as mans, vós decidides). Logo estaría xenial poder colgalo nun colgador interno dos que están á súa altura con pinzas. Se non podemos crearlles un pequeno tendal á súa altura entre dúas cadeiras na cociña ou nalgún lugar onde o chan non sufra coa humidade. 

 

Fotos do bloque de instagrám da mestra Sara Delgado, premede aquí (recoméndovos, unha vez máis, seguir a esta mestra en instagrám)

 PROPOSTA DE ACTIVIDADE DO TALLER DE MEDIOAMBIENTE: Na escola estivemos plantando en varias ocasións distintos tipos de sementes e brotes (de brócoli, de cabaciñas e de fabas). O que vos propoño agora é repetir, co que teñades na casa, unha destas actividades. Non é doado que teñades terra pola casa, pero de seguro tendes algunha legume (garabanzos, lentellas, fabas, soia,...) Usando un vaso transparente, algodón e un pouco de auga podedes repetir na casa esta actividade. Na escola fixemos unha táboa de seguimento para ir vendo, día a día como avanzaba a xermolación desta semente, sen embargo non todos e todas quixeron participar nesta táboa, agora podedes facela entre todos na casa e ir facendo un debuxo día a día ou mesmo facerlle unha foto e imprimila para a vosa táboa. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE DO TALLER DE PLÁSTICA: Hoxe podedes facer unhas bolas de plastilina caseira. Vos aseguro que a textura final é estupenda (hai que ir engadindo fariña pouco a pouco se a masa está pegañenta, con coidado de non pasarnos ou quedará demasiado seca e pouco flexíbel) Premendo nesta imaxe accededes a esta receita da páxina de Mumuchukids tendes a receita. 

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: a actividade anterior é, en realidade, unha receita. Podemos imprimila, copiala nós en maiúsculas ou pedirlles a eles/as que a escriban seguindo a estrutura da receita (segundo a etapa lectoescritora na que cada un/ha se encontren, se eles/as escriben entón nós llela dictamos marcando moi ben fonéticamente, na medida das súas necesidades. Se son eles/as os/as que din a palabra en alto marcando os fonemas moito mellor, pero pode costalles un pouco aínda a algúns/has ), así aprendemos a escribir un novo tipo de texto (na clase xa fixemos unha actividade similar a partir do experimento de lámpada de lava, así que deberían lembrar un pouco esta estrutura). Nós debemos pedirlles que se fixen na forma deste texto, fixándonos en que ten tres partes: título, ingredientes e preparación.

 PROPOSTA DE LÓXICA - MATEMÁTICA: hoxe propoñemosvos facer un dominó caseiro. Podedes utilizar papel que pegades sobre algún cartón dunha caixa que teñades por casa e poidades recortar, sobre cartolina ou outro elemento que teñades en cantidade suficiente. A proposta que vos paso é sobre pedras, pero entendo que, unha vez máis, nesta situación non é doado conseguilas. O que si sería importante é que este dominó nos sirva para afianzar a asociación da grafía do número coa súa cantidade. Para iso propóñovos facer un dominó mesturando número e puntiños (ou outros debuxos, pero sempre os mesmos). Así o que temos que unir neste caso é a ficha do número coa ficha da cantidade que representa, por exemplo: parte da ficha co número 5 coa parte doutra ficha con 5 puntiños. Podedes facelo de cores, o cal nos dará un puntiño de dificultade extra, pero para facelo de cores é fundamental cambialas moito, non pode ser que o número 5 sea sempre da mesma cor nin os 5 puntiños poden ser sempre da mesma, se non estamos asocialdo cores, non números con cantidades.

imaxe da páxina de mumuchukids

Se premedes na imaxe superior podedes acceder a esta web chamada material educativo mk onde podedes descargaren pdf un dominó completo para saber cantas fichas tendes que facer de cada número (no botón que pon imprimir dominó pdf)

 

PROPOSTA DE LECTURA DIXITAL:premede na imaxe (é do instagram Dondevivenlosmostruosblog) e poderedes ler o conto.

 

PRIMEIRAS PROPOSTAS DE XOGO E TAREFAS PARA OS DÍAS DE CUARENTENA NAS CASAS.

Ola familias das clases de 6º de Infantil. Imos empezar a escribirvos no blogue porque nos resulta máis doado para poñervos propostas feitas por nós que a través do grupo de whatsapp que temos e que resulta moi cómodo para compartir ligazóns ou propostas da rede pero non para escribir as nosas persoais.

Para empezar, xa leriades en un montón de artigos pola rede, no blogue das compañeiras de infantil do cole, e nalgúns dos materiais que xa vos enviei, a importancia de manter certa rutina na casa. Penso que é moi positivo creala porque nos ancla dun xeito máis sinxelo ao tempo real, fai máis doado o aproveitamento do mesmo e nos fai os días menos longos ou repetitivos (curiosamente), ademais de que a todos/as (non só aos nenos e nenas, penso eu) nos da certa seguridade e maior sensación de organización. Sen embargo creo que debe ser unha rutina propia da vosa casa, non intentar imitar a rutina nin os horarios que temos na escola, aínda que haxa cousas que copiedes. Podedes facer algunha proposta pola mañá, outra pola tarde, por exemplo, e mesturalas coas tarefas da casa e o tempo de xogo libre. Tamén cremos que é importante saltarse estas rutinas os fines de semana ou mesmo algúns días especiais que decidades en familia para pasar o tempo facendo o que máis vos apetece sen máis.

Nós imos agora facervos varias propostas para incluir nesa rutina, que terá a orde que queirades e as tarefas que máis vos gusten das que vos propoñemos ou que vos sirvan de inspiración para algunha propia.

En primeiro lugar podemos aproveitar estes días para mellorar esas partes da autonomía dos nosos nenos e nenas que lles custán un chisquiños máis: que sexan eles/as os responsábeis da súa hixiene, escoller a súa roupa (pode ser entre tres ou catro opcións nada máis, segundo o neno/a), vestirse so, intentar abotonarse so/a, enganchar e subir as cremalleiras, aprender a atar os cordóns dos zapatos (podemos empezar a intentalo sen telos postos, para facelo máis doado, sempre que teñan certo interes na actividade, que é algo complicada), …

Despois da hixene, vestirnos e almorzar (na orde preferida da familia) propóñovos facer unha charlasobre o que ides facer cada un/ha ese día. Non ten porque ser unha “asemblea” como a do cole. Trátase de facer aportacións e reparto das posíbeis tarefas comúns e podedes tamén tomar decisións de cando facer as tarefas persoais de cada membro da familia (teletraballo ou outras tarefas das adultas e xogo/tarefas dos nenos e nenas), e dicir, decidir certo horario, pero facendo partícipes aos nenos/as na medida do posíbel.

Aquí podemos aproveitar para falar da especial situación que estamos vivindo, lembrando o importante que é explicarlles as cousas aos nenos e nenas de xeito realista pero adaptado aos seus coñecementos (non é necesario adaptar a linguaxe, se non o contido do que dicimos) para que o entendan. Tamén debemos escoitar con atención o que pensan eles e ellas, que opinan e que lles pode estar preocupando, sen quitarlle importanza aos seus medos e dúbidas, ao contrario, intentando aclarar as súas dúbidas e transmitirlles tranquilidade respectando os seus sentimentos.

Outra das cousas que podemos facer nesta charla e ir tachando os días no calendario, como facemos na escola. Se non temos un o facemos nun folio. Non é tanto por ver canto tempo nos falta para rematar esta situación, pois iso parece algo incerto aínda, senón por seguir mantendo esa referenza temporal que a diario traballábamos tamén na escola. Así, como vos dixen antes, podemos marcar os días especiais que decidamos ou as fines de semana (cando os maiores non teñen que traballar, por exemplo). Deste xeito distinguiremos algo mellor uns días de outros. Podemos repasar os días da semana, que día é hoxe, cal será mañá e cal foi onte. Que estación acabamos de comezar, canto falta para a Semana Santa, … Isto nos serve tamén para repasar o conteo que a algúns/has nos ven moi ben.

 

Outra tarefa de decisión na que podemos participar é na organización dos Menús semanais. Así podemos facer entre os membros da familia un menú saudábel que nos servirá tamén para motivarnos coa comida rica que escollemos para hoxe. Con este menú podemos facer a lista da compra semanal (así limitamos as baixadas ao supermercados das adultas e evitamos comprar de máis ou de menos). Esta lista podemos facela con eles/as, vendo que ingredientes teñen as distintas receitas, podemos aproveitar para que a escriban os nenos/as (moitos necesitarán que lles axudemos a escribir marcando coa nosa voz os distintos fonemas, lembrando que, neste momento, o máis importante é que fagan esa relación son-grafema, non tanto que o escriban perfectamente), ou, se non se animan podemos escribila nós en maiúsculas e eles poden intentar descubrir polo son das iniciais (que lles podemos sinalar, se lles costa, con outra cor) onde pon algunha das cousas das lista.


Responsábeis dalgunhas tarefas: Alguns exemplos de tarefas que poden realizar os nenos dentro da lista de tarefas comúns do fogar son:

  • Regar as plantas se lles fai falla (tocando a terra para ver se está húmida), sacarlle as follas secas e pulverizar auga nas follas. Mesmo poden limparlles as follas cun bastonciño hixiénico ou similar.

  • Poñer a mesa, poñer o mantel ou manteis, repartir a louza prato a prato con coidado, dobrar e poñer servilletas, cubertos segundo o que imos comer, …

  • Recoller a mesa despois de almorzar, xantar ou cear, tamén con moito tino.

  • Lavar os platos algunha vez (ou algúns elementos doados de lavar) ou axudar a metelos no lavalouzas, secalos e poñelos no seu lugar (os que sexan accesíbeis a eles/as e non pesen demasiado)

  • Limpar zonas sinxelas con trapos ou con pulverizador (como o que usamos na clase no recuncho de vida práctica, encántalles limpalo todo, nos so as fiestras...) moi rebaixado con auga (segundo sexa o limpador, senon, simplemente con auga, trátase de que fagan a tarefa e se divirtan máis de que o deixen todo perfecto).

  • Facer a súa cama, ou axudarvos a facela. Insisto en que o importante é facer a tarefa, non tanto facela para que quede perfecta.

  • Colaborar á hora de cociñar: lavando a leituga, os tomates, as patacas peladas,... cortar elementos brandos ou semibrandos coma aguacate (previamente cortado por nós pola metade e pelado), cabaciña (calabacín), queixo fresco,... separando os ramilletes de brócoli, pelando con pelador unha cenoura (con tino), dando forma coas mans a unhas albóndegas, batendo un ovo, facendo a forma das galletas ou rosquillas coas mans, botanto a masa das magdalenas nos moldes, pelando un allo ou unha cebola coa man...

Insisto en que o obxectivo, ademais de colaborar, debería ser que se divirtan participando e sendo responsábeis destas tarefas, non tanto que o fagan exactamente como queremos nós, as persoas adultas.

Tamén debemos decidir nós, negociando con eles/as, cales son as tarefas que deben facer ou aquelas que son opcionais.

 

Outra proposta que vos fago é crear distintos ambientes no voso fogar na medida do pósibel, de xeito que cada lugar o asociedes a unha ou unhas actividades concretas. Así tamén podedes ter a sensación de non botar o día no mesmo lugar da casa, é máis sinxelo concentrarnos ou ler nun recuncho preparado para estas tarefas máis tranquilas que díante da tele, que para algúns/has poder ser unha distracción mesmo apagada, por exemplo. Por último tamén pode ser máis cómodo para a organización (non ter que preparar e recoller constantemente os materiais). Esta é unha recomendación que mesmo se nos fai as adultas neste momento de confinamento, para variar minimamente o escenario das nosas actividades diarias. Así que vos convido a que copiedes un pouco a organización de recunchos da aula, pero usando toda a vosa casa e metendo nela os vosos recunchos para vós, adultas. Se non vos parece factible podedes montar nunha mesa adaptada á súa altura estes as actividades que vos gusten e, ao finalizar, recoller todo en recipientes (como caixas ou cestas) adicadas a cada tipo de actividade. Outra opción é facer un ou dous destes xogos en ambientes ao día... o que se adapte mellor aos vosos gustos e necesidades.

 

- Ambiente para o xogo simbólico: seguramente todos os vosos nenos e nenas teñen os seus xoguetes en distintos puntos da casa. Eu agora vos propoño crear algún punto extra, ou remoldelar algún existente para crear (se non tendes) unha cociniña, unha perruquería, un taller, un supermercado, … o que máis lles inspire, pero en lugar (ou ademais) de utilizar os xoguetes, utilizade elementos reais que teñades na casa e que lles deixedes a eles e ellas para este xogo. Podedes mesturar xoguetes con elementos reais. Na cociña, por exemplo, poden usar legumes, pasta ou fariña para xogar coas súas potiñas a facer comidas inventadas. Se queren facer unha tenda podedes usar produtos reais ou podemos recortalos de folletos do supermercado que teñamos pola casa, poden debuxar eles estes productos (que tamén lles poden servir para a cociniña, xogar a ter un restaurante, …) e tamén podemos facer moedas e billetes debuxados en papel, cartón ou mesmo modelando con plastilina. Aproveitamos, se lles apetece, para traballar a lectoescritura e ir escribindo os carteis co nome e prezo dos produtos... A perruquería pode ser no baño, poden lavar o pelo das bonecas con champú de verdade, peitealo … ou poden facer o propio con nós, as adultas, e pintarnos as unllas, maquilllarnos, poñernos lazos e facernos peiteados... o taller pode ser usando algúns dos elementos da caixa de ferramentas que vos parezan máis seguros: poden practicar cos desparafusadores e parafusos (destornilladores e tornillos) usando de base un cartón ou moito mellor algún xogo ou obxecto que teñamos pola casa e que podamos, xuntos, xogar a desmontar e montar.

- Ambiente para a creación de minimundos e xogo desestructurado: a última semana que fumos á escola iniciamos este novo recuncho na clase. Foi un éxito absoluto, e é relativamente doado crear unha zona para xogar a isto. O que necesitades son materias variados, preferíbelmente naturais, que non sean xoguetes, pero tamén podemos mesturalos con algúns xoguetes, aínda que os protagonistas son outros materias, os que non son habitualmente para xogar.

Non é facil ácceder a paos e cunchas neste momento, pero podedes buscar pola casa elementos que teñades de madeira, tela, cerámica, cortiza (corcho), metal... e que poden servilles aos vosos nenos e nenas (sen que vos dea moita pena se se estropean, claro): cuncas, ensaladeiras e bandexas de madeira, culleres, paliños chiñeses, espátulas de madeira ou óso, manteliños individuais, fulares de cores, figuras decorativas que non rompan facilmente, posavasos, follas dalgunha planta (que xa estean secas), macarrons, espaguetes, legumes, fariña, xeo,... son exemplos que se me ocorren, seguro que a vos se vos ocorren moitos máis. Esto mesturámolo con animais de xoguete, muñecos tipo playmovil ou similares. Colocamos os distintos materiais por tipos en caixiñas, cestas ou platos, deixámoslles certo espazo de construcción e vemos que sucede. Aquí vos deixo unha páxina que o explica moi ben, espero que vos sirva.

https://www.mamaextraterrestre.com/2017/11/14/mini-mundos/

FOTO DO NOVO RECUNCHO DA AULA

- Zona creativa: con material funxíbel que poidan usar libremente. De seguro xa tendes algunha zona así na casa: con folios, cartolinas, cartón, rotuladores, ceras e outras pinturas, tesoiras, pegamento, purpurina, pegatinas, celo (encántalles), témperas e/ou acuarelas, penceis,... Igual non tendes todos estes materiais, pero sí que podedes ter algúns. Tamén podedes ter algúns materiais para reutilizar, como caixas de galletas para decorar ou retallar e converter noutra cousa, rolos de papel hixiénico e de cociña, papel de regalo usado, tapóns de cortiza das botellas, cascos de cervexa, film transparente, … Nos próximos días poñerei no blogue algunha proposta concreta para facer, xa de xeito guiado, neste ambiente, sen esquencer nunca a importancia de deixarlles crear a eles, aínda que non debuxen unha cara exactamente como a nós nos parece que debe ser ou mesmo cando non coloreen cada cousa da súa cor, deixádeos experimentar e investigar cos materiais... (dentro dos límites de uso e limpeza do espazo que vós decidades, por suposto).

 

- Biblioteca: seguramente xa tendes un recanto da casa cos libros e contos dos vosos fillos e fillas, isto é so para lembrarvos a importanza de que estes contos estean ao seu alcance, nun lugar visíbel e cómodo que os convide a explorar estes libros pola súa conta pero tamén con vós. Xa sabedes a importanza e lerlles contos así que vou a poñervos en posteriores entradas algúns libros dixitais interesantes como proposta, xa que non podemos baixar ás bibliotecas ou librerías na busca de novidades.

 

- Ambiente de lóxica: En este caso vos propoño, para empezar un xogo de mesa que é doado que o teñades tod@s na casa: o cinquillo. Xa fixemos este xogo na clase con cartas infantiles, pero nos serve calquera baraxa. O importante sería que tivese todos os números, do 1 ao 12 (a sota, cabalo e rei podemos contarlles o que vale ou desbotalos). Se non temos as cartas podemos facelas en cartolina, papel ou cartón poñendo 4 series completas de figuras do 1 ao 12 (por exemplo poden ser flores, lunares, lúas e estrelas, o que máis lles guste a eles/as). Con este xogo traballamos o conteo directo e invertido. Lémbrovos as normas do xogo con este video.

Tamén vou facervos algunha proposta diaria de vida práctica (moi semellante ao que vos comentei antes das tarefas comúns da casa), de letras e de lóxica matemática, ademais de proñervos algunha actividade máis relacionada cos talleresque faciamos na clase: de medioambiente, de experimentos, de pintura e mesmo de cociña.

Espero que algunha destas propostas vos sexa de utilidade.

Unha aperta e ata pronto.

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA OS DÍAS NOS LECTIVOS

Estimadas familias!

Ante a situación excepcional que estamos a vivir, as titoras de 6º nivel de EI, queriámosvos transmitir algunhas recomendacións. 

Pensade no noso día a día frenético...ese que volverá. Ese ao que volveremos con máis ganas e con aprendizaxes novas. O primeiro día de escola, estaremos contentas e contentos de reencontrarnos...gozaremos aínda máis do estar xuntos e do compartir, do areeiro, do galiñeiro, dos recantos, do conto e as cancións, de investigar, de crecer, de convivir, ...

Esta crise é unha oportunidade para ensinarlles aos nenos e nenas, a ter comportamentos cívicos, a pensar nos demais e a construír unha sociedade máis xusta e solidaria. Polo que, ensinemos a seguir as recomendacións de saúde e a mostrar interese por como están os demais.

 Ademais, é un tempo para traballar áreas do currículo de infantil tan importantes como:

          -  A autonomía (momento ideal para asignar responsabilidades e tarefas...no cole.... peléxanse por ser encargados/as das plantas).

          - A expresión de emocións e o aprender a volver á calma ante situacións de estrés.

          - Aprender a esperar e a repartir o tempo entre todos os membros da familias. Todos temos necesidades e todas deben de ser cubertas!!

          - Valorar o traballo de todos e todas as profesionais que están traballando a diario para que esteamos mellor.

Por outra banda, é tamén un tempo que nos permite compartir actividades cos nosos fillos e fillas.... facer ese biscoito que levamos tempo adiando ou escoitar e aprender con eles e elas esas cancións que lles encantanos. Polo que vos deixamos este enlace con diferentes actividades que pode ser do voso interese: https://estacionbambalina.com/70-ideas-faciles-para-jugar-con-ninos-dentro-de-casa/

Finalmente, gustaríanos que lles transmitírades aos nenos e nenas que nós seguimos pensando neles e que estamos desexando volver a vernos canto antes. 

Mandámosvos unha aperta e moita enerxía. Lembrade que nos veremos pronto.

As titoras.

SEMANAS PROTAGONISTAS DO PRIMEIRO TRIMESTE, 6ºB INFANTIL

Durante o primeiro trimestre celebramos as Semanas Protagonistas de Jordi, Leyre, Oliver, Hué, Zoe e Gael. Cando é a semana protagonista dun neno ou nena da nosa clase éste leva para casa unha maleta que vai traendo cada día chea de obxectos e historias que quere compartir connosco. Así estes compañeir@s trouxéronnos as súaS fotos dende que eran bebés, coñecemos as caras dos seus familiares máis próximos e puidemos ver un anaquiño da súa vida e de como foron medrando ata cumplir os 5 anos que teñen agora. Algúns trouxeron os seus contos favoritos, outras os seus xoguetes máis importantes, tod@s trouxeron algún obxecto especial con algunha anecdota detrás.

Tamén contamos coa visita da súa nai e/ou pai, e mesmo veu algún e algunha irmá con eles, agasallándonos cun ratiño inolvidable na aula deixándonos ver un pouquiño máis da familia e a vida d@ nos@ compi protagonista.

O día do seu aniversario celebramos a súa 5ª volta ao sol, (no caso dos que cumpliron no verán tamén celebramos este día aínda que xa pasara hai semanas ou mesmo meses). Así con cada volta ao sol representado por unha vela fomos vendo medrar ao noso compi e achegámonos un pouquiño máis ao significado real de cumprir anos, tal e como nos explicaba María Montessori.


Para finalizar os nosos homenaxead@s levaron unha bolsa chea de bicos das súas compañeiras e compañeiros da escola, cunha mensaxe especial de cada un deles.

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DO PRIMEIRO TRIMESTRE: OS PERCEBEXOS SOLDADOS DO NOSO PATIO

Durante os primeiros días de curso descubrimos no noso patio a uns fermosos insectos negros e vermellos. Tod@s estabamos convencid@s de que eran xoaniñas. Interesábannos tanto estes bichiños que decidimos investigalos e así descubrimos que eran outros insectos diferentes: os percebexos soldado ou percebexos da malva (en castelán os zapateros o chinches de la malva*)

 

A partir disto comezamos a traer libros e miniaturas de montóns doutros bichos interesantes (grazas á grande colaboración das familias), e o noso recuncho de investigación foi medrando cada vez máis...

Mesmo un compañeiro trouxonos unha caixa chea de insectos reais desecados.

Así xurdeu o noso proxecto de Bichos.

Aprendemos a diferenciar moi ben os percebexos das xoaniñas, e a partir dalgúns xogos propostos pola mestra para clasificar algúns bichos apareceron, nalgúns compañeiros, as ganas clasificar todas as miniaturas que tiñamos atendendo a diversos criterios: especie, cor, voadores ou non voadores, … e o sitio foisenos facendo pequeno.

O recuncho seguiu medrando e todos os días a mestra nos lia algo do que máis interesante nos parecía segundo as imaxes dos libros e revistas que tiñamos. 

A mestra tamén nos propuxo algún xogo máis, para ir poñéndolle nome a estes novos bichos que iamos coñecendo, traballando, de paso, algo de lectoescritura.

Como nos gustan tanto estes bichos decidimos deixar este proxecto cando chegou o Nadal e o inverno, coa intención de volver a retomalo perto da primavera, pois agora os intereses diversificáronse e na clase quere invertigarse máis sobre os saltóns, as bolboretas e as miñocas que tamén seguimos atopando no noso patio.

* A grande maioría dos alumnos e alumnas desta clase son castelán falantes, por iso, aínda que eu, a mestra, fálolles en grande grupo en galego, utilizo o castelán cando me dirixo individualmente a cada un/ha deles/as, sobre todo con aqueles nenos/as que non coñecían previamente o galego. Ademais todo o traballo de lectoescritura o facemos, por esta mesma razón, en castelán.

Distribuir contido


by Dr. Radut