Skip to Content

MARTES 24

Bo día familias! Aquí vos deixamos as propostas do día:

PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA: Onte propúxenvos lavar unha peza de roupa da colada do fogar. Hoxe podemos aprender a dobrar algunha das nosas prendas de roupa. Por exemplo as camisetas, coa axuda dunha guía feita de cartón ou sen ella. Tamén podemos emparellar e doblar calcetíns e a nosa roupa interior.

PROPOSTA DO TALLER DE PINTURA: Nesta ocasión facemos dúas propostas por se non tendes o material para a primeira:

  • Imos facer unha experiencia coa cor branca. Para isto precisamos ter ceras brandas tipo ceras Manley na casa, porque imos usar a cera branca. Tamén necesitamos unha pintura en témpera de calquera cor ou acuarela. Nun folio branco propoñémoslle ao neno/a facer un debuxo coa cera branca, a penas se verá, sobre o fondo branco, pero igualmente lle pedimos que debuxe algo utilizando a maior parte do espazo disponíbel no papel. Imos facer un pouco de maxia...Con un pouco de témpera rebaixada con bastante auga (que pareza acuarela) ou con acuarela imos pintando cun pincel groso sobre toda a superficie do folio. Veremos o que acontece. Se algún de vós fai algunha destas experiencias e vos apetece, podedes mandarme unha foto e a podemos poñer neste blogue.

  • Se non temos ceras brandas propóñobos facer un debuxo utilizando cousas para estampar das que atopedes por casa, e que poidades manchar de pintura. Experimentade con distintas cores e estampados: propóñosvos tapóns de cortiza, facer tampóns de pataca e retallar cun coitelo (os adultos) un debuxo para estampar posteriormente, tapóns doutros recipientes, laranxa ou mandarina cortada a metade, outras froitas cortadas, …

     

PODEDES VER MOITOS EXEMPLOS NA SEGUINTE WEB https://actividades.dibujos.net/dibujar/crea-tu-dibujo-con-la-tecnica-de-la-estampacion.html

PROPOSTAS OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS: Xa fixeron no primeiro trimestre o experimento da lava do volcán. Nesta ocasión vos propoño repetir este espectacular experimento, que se fai con ingredientes caseiros que non teñen problema, así que a idea é que os deixedes facer todo a eles e ellas. Necesitades vinagre, colorante alimenticio e bicarbonato sódico (atopádelo no supermercado). Aquí vos deixo a ligazón para esta ESPUMA MÁXICA. Neste video tendes tamén os ingredientes para outros experimentos curiosos e doados de facer na casa. Tamén podedes repetir o da LAMPADA DE LAVA que fixemos en clase, para este necesitaredes auga, aceite vexetal, colorante alimentario e unha pastilla eferfescente tipo Alkaselser. Espero que o disfrutedes!

 

PROPOSTA DE LETRAS: Unha vez máis vos propoño utilizar os experimentos para introducir o traballo de lectoescritura dun xeito máis significativo e motivador. Podemos facer a actividade antes ou despois do experimento. Pedímoslles que asocien uns carteis, feitos por vos ou por eles, se se animan, co nome de cada ingrediente co propio ingrediente físico. Lembrade que lles poñemos todas as tarxetas na mesa e lles pedimos que escollan primeiro un ingrediente físico, o segundo paso é buscar o cartel co nome, marcando moito o fonema inicial. Algúns/has poden intentalo ao revés, presentades unha tarxeta e, tendo diante os ingredientes físicos, deben intentar ler cal é. Os/as que teñan ganas poden escribir con vós a receita dos dous experimentos, así ides facendo un ficheiriño de experimentos caseiros, como tiña pensado eu facer na clase.

 

PROPOSTA DE LÓXICA MATEMÁTICA: Xogo da Oca xigante, polo chan da vosa casa. Podedes facelo con xiz (tiza), se tendes un chan que o permita sen estropearse, ou con cinta de carroceiro, a de pintor, que non estropea as superficies.Outra opción é facer as casillas con papeis de periódico onde debuxamos, en grande, os números necesarios (facemos o taboleiro do tamaño que nos veña ben), de tal xeito que cada folla do periódico é unha casilla. Podemos debuxar pontes e pousadas, escaleiras, e serpes. Con rotus grosos para que ser vexa ben a pesar do periódico. É o noso xogo inventado, así que en cada lugar decidimos entre todos o que acontece antes de empezar a xogar: por exemplo, na pousada esperamos un turno, na ponte imos á seguinte ponte (tanto se está cara adiante como detrás de nós), na escaleira collemos un atallo, se toca a serpe ímos para atrás seguindoa da cabeza á cola, … Podemos inventar cousas para facer en cada número, e previamente as decidimos e escribimos en pequenas tarxetas que irán lendo oas maiores ou os nenos e nenas que poidan á medida que imos caendos nestas casillas: por exemplo, no número 5 retrocedes dous pasos, no número 6 adiantas catro pasos, no número 8 tiras outra vez, no número 9 teñen que facerche cóxegas todos os demais xogadores, no número 11 tes que quedarte espido en roupa interior, … a idea é poñer cousas divertidas para o xogo acordadas previamente entre todos/as. Se non vos parece factible facer o taboleiro xigante podedes inventar vós o taboleiro nun cartón ou en varios folios unidos con celo, o resto de xogo sería igual, pero en lugar de xogar co propio corpo podemos facer un boneco propio con plastilina, por exemplo.

 

 



page | by Dr. Radut