Bo día familias, as proposta para hoxe son as seguites:
PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA E PLÁSTICA: Unha actividade que lles gustou bastante a tod@s na clase e que nos ven moi a conto coa chegada da primavera é a de facer adornos florais: recortar os tallos e organizar as flores e plantas como máis nos gusta, facendo floreiros ou outro tipo de adornos, como coroas ou guirnaldas. Sen embargo non é o momento de sair a recoller flores, así que vos propoño facer un floreiro ou unha guirnalda cos papeles de cores de todo tipo que poidamos ter pola casa. Non teñen por que ser exactamente os que vos propoñen no enlace que vos poño a continuación, podemos usar, ademáis de cartolina, folios de cores ou folios brancos que podemos decorar cos nenos/as facendo lunares, raias, estrelas... de cores, outro tipo de papeis como xornais (periódicos), papel de regalo de todo tipo, papel de alumnio, papel de forno,... e combinalos. Usade a imaxinación a ver se tedes algo útil para isto pola casa. Tamén necesitaredes, para facer flores de xarrón, unhas palliñas ou pinchos morunos para os tallos.
Premendo na imaxe ides á web de pequeocio.com, onde atoparedes 4 tipos distitos de flores para facer, pero igual se vos ocorren formas novas ou as atopades máis interesates para vos pola web.
PROPOSTA DO OBRADOIRO DE PINTURA: Esta actividade tiña moitas ganas de propoñela eu na aula. Para realizala necesitades unha hielera que sexa branca ou transparente, para que se vexan ben as cores coas que imos traballar. Tamén necesitamos tres vasos totalmente transparente cheos de auga. O último elemento é máis difícil: necesitamos un contagotas (cuentagotas). Supoño que isto non é tan doado que o teñades pola casa, pero ao mellor a podedes utilizar, temporalmente dun frasco de vitaminas, por exemplo, ou mesmo dun frasco de Apiretal para nenos/as. Tendes que lavalo ben e xa está. Se non vos animades ou non tendes nin esta opción podedes utilizar culleiriñas (cucharillas). A terceira cousa que necesitamos é colorante amarelo, vermello (rojo) e azul, que son a tres cores básicas.
Con todo o material preparado botaremos unhas gotiñas de cada cor básica nos vasos con auga, así teremos un amarelo, outro vermello e ourto azul. Agora son eles os que deben ir vendo que cores se crean cando botan unha gotiñas de cor nun oco da hielera e logo o mesturan coas gotiñas doutra cor. Creo que na foto vos quedará bastante claro. Se non premedes na mesma e vos levará, unha vez máis ao blogue de Sara Delgado en Instagram onde tendes máis fotos desta actividade.
PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: Proñovos hoxe escribir a receita de onte do Obradoiro de cociña, a receita da base de pizza, tal e como vos comentei nos videos do grupo de whatsapp. Outra opción é facer os carteis para distintos ingredientes da cociña, tal e como nos propoñía a familia de Bran. Unha terceira opción é seguir con outras letras do xogo de onte, que vos dará para moitos días, se vos gusta.
PROPOSTA DE LÓXICA – MATEMÁTICA: Hoxe propóñovos un xogo de trazo, para practicar o trazo dos números. Na clase traballamos o trazo do 1 ao 3, estabamos comezando co trazo do 4. Algunhas nenas e nenos xa trazan ben todos os números, pero outros/as aínda non. Por iso creo que esta actividade pode estar bén para ambos casos. Necesitades sal fina ou pan raiado, un plato ou caixa dunha cor que faga contraste coa cor da sal ou do pan. Logo marcades uns folios en cadradiños de 6 x 6 cm apróximadamente (que o tamaño sexa exacto non é importante). Podedes pedirlles a eles/as que recorten os cadradiños. Logo, por un lado do cadradiño facedes un número e polo outro lado facedes os puntiños correspondentes, como na foto. Os nenos que necesiten prácticar o trazado dádeslles a tarxeta pola cara coa grafía do número, para que a imiten no plato coa sal, como na primeira imaxe. Os que xa controlan isto teñen que escribir a grafía do número sen vela, dadeslle as tarxetas pola parte dos puntiños (poden ter números ata o 20, para os que xa controlen ben os números anteriores). Así irán contando puntiños e escribindo o trazo do número correspondente, como na segunda foto. Poden autocorrexirse mirando na outra cara da tarxeta, despois, para ver se o fixeron ben. Pásovos tamén unha plantilla coa correcta forma de trazar os números. Isto é moi importante para non coller manías no trazo difíciles de correxir no futuro. Creo que se entende, pero se tendes dúbidas co trazo, fágovos outro video.
PROPOSTA DE CONTO DIXITAL:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |