Skip to Content

SEMANA 2: LUNS 23 DE MARZO

Bo día familias! Moito ánimo nesta nova semana que comeza. As actividades que vos propoñemos para facer hoxe son as seguines: 

TAREFAS DO FOGAR (VIDA PRÁCTICA)

- Axudar coa colada: podemos comezar aprendendo a lavar unha peza da nosa roupa. Utilizado un recipiente como unha tina ou algo similar (podemos facelo no lavamans do baño se non temos outro recipiente). O ideal sería ter unha peza de xabrón da roupa clásico, tipo xabrón de lagarto, pero se non podemos usar un xabrón líquido de roupa delicada ou mesmo un xabrón de lavar as mans (os deterxentes habituais poden ser algo fortes para as mans, vós decidides). Logo estaría xenial poder colgalo nun colgador interno dos que están á súa altura con pinzas. Se non podemos crearlles un pequeno tendal á súa altura entre dúas cadeiras na cociña ou nalgún lugar onde o chan non sufra coa humidade. 

 

Fotos do bloque de instagrám da mestra Sara Delgado, premede aquí (recoméndovos, unha vez máis, seguir a esta mestra en instagrám)

 PROPOSTA DE ACTIVIDADE DO TALLER DE MEDIOAMBIENTE: Na escola estivemos plantando en varias ocasións distintos tipos de sementes e brotes (de brócoli, de cabaciñas e de fabas). O que vos propoño agora é repetir, co que teñades na casa, unha destas actividades. Non é doado que teñades terra pola casa, pero de seguro tendes algunha legume (garabanzos, lentellas, fabas, soia,...) Usando un vaso transparente, algodón e un pouco de auga podedes repetir na casa esta actividade. Na escola fixemos unha táboa de seguimento para ir vendo, día a día como avanzaba a xermolación desta semente, sen embargo non todos e todas quixeron participar nesta táboa, agora podedes facela entre todos na casa e ir facendo un debuxo día a día ou mesmo facerlle unha foto e imprimila para a vosa táboa. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE DO TALLER DE PLÁSTICA: Hoxe podedes facer unhas bolas de plastilina caseira. Vos aseguro que a textura final é estupenda (hai que ir engadindo fariña pouco a pouco se a masa está pegañenta, con coidado de non pasarnos ou quedará demasiado seca e pouco flexíbel) Premendo nesta imaxe accededes a esta receita da páxina de Mumuchukids tendes a receita. 

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: a actividade anterior é, en realidade, unha receita. Podemos imprimila, copiala nós en maiúsculas ou pedirlles a eles/as que a escriban seguindo a estrutura da receita (segundo a etapa lectoescritora na que cada un/ha se encontren, se eles/as escriben entón nós llela dictamos marcando moi ben fonéticamente, na medida das súas necesidades. Se son eles/as os/as que din a palabra en alto marcando os fonemas moito mellor, pero pode costalles un pouco aínda a algúns/has ), así aprendemos a escribir un novo tipo de texto (na clase xa fixemos unha actividade similar a partir do experimento de lámpada de lava, así que deberían lembrar un pouco esta estrutura). Nós debemos pedirlles que se fixen na forma deste texto, fixándonos en que ten tres partes: título, ingredientes e preparación.

 PROPOSTA DE LÓXICA - MATEMÁTICA: hoxe propoñemosvos facer un dominó caseiro. Podedes utilizar papel que pegades sobre algún cartón dunha caixa que teñades por casa e poidades recortar, sobre cartolina ou outro elemento que teñades en cantidade suficiente. A proposta que vos paso é sobre pedras, pero entendo que, unha vez máis, nesta situación non é doado conseguilas. O que si sería importante é que este dominó nos sirva para afianzar a asociación da grafía do número coa súa cantidade. Para iso propóñovos facer un dominó mesturando número e puntiños (ou outros debuxos, pero sempre os mesmos). Así o que temos que unir neste caso é a ficha do número coa ficha da cantidade que representa, por exemplo: parte da ficha co número 5 coa parte doutra ficha con 5 puntiños. Podedes facelo de cores, o cal nos dará un puntiño de dificultade extra, pero para facelo de cores é fundamental cambialas moito, non pode ser que o número 5 sea sempre da mesma cor nin os 5 puntiños poden ser sempre da mesma, se non estamos asocialdo cores, non números con cantidades.

imaxe da páxina de mumuchukids

Se premedes na imaxe superior podedes acceder a esta web chamada material educativo mk onde podedes descargaren pdf un dominó completo para saber cantas fichas tendes que facer de cada número (no botón que pon imprimir dominó pdf)

 

PROPOSTA DE LECTURA DIXITAL:premede na imaxe (é do instagram Dondevivenlosmostruosblog) e poderedes ler o conto.

 



page | by Dr. Radut