Skip to Content

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DO PRIMEIRO TRIMESTRE: OS PERCEBEXOS SOLDADOS DO NOSO PATIO

Durante os primeiros días de curso descubrimos no noso patio a uns fermosos insectos negros e vermellos. Tod@s estabamos convencid@s de que eran xoaniñas. Interesábannos tanto estes bichiños que decidimos investigalos e así descubrimos que eran outros insectos diferentes: os percebexos soldado ou percebexos da malva (en castelán os zapateros o chinches de la malva*)

 

A partir disto comezamos a traer libros e miniaturas de montóns doutros bichos interesantes (grazas á grande colaboración das familias), e o noso recuncho de investigación foi medrando cada vez máis...

Mesmo un compañeiro trouxonos unha caixa chea de insectos reais desecados.

Así xurdeu o noso proxecto de Bichos.

Aprendemos a diferenciar moi ben os percebexos das xoaniñas, e a partir dalgúns xogos propostos pola mestra para clasificar algúns bichos apareceron, nalgúns compañeiros, as ganas clasificar todas as miniaturas que tiñamos atendendo a diversos criterios: especie, cor, voadores ou non voadores, … e o sitio foisenos facendo pequeno.

O recuncho seguiu medrando e todos os días a mestra nos lia algo do que máis interesante nos parecía segundo as imaxes dos libros e revistas que tiñamos. 

A mestra tamén nos propuxo algún xogo máis, para ir poñéndolle nome a estes novos bichos que iamos coñecendo, traballando, de paso, algo de lectoescritura.

Como nos gustan tanto estes bichos decidimos deixar este proxecto cando chegou o Nadal e o inverno, coa intención de volver a retomalo perto da primavera, pois agora os intereses diversificáronse e na clase quere invertigarse máis sobre os saltóns, as bolboretas e as miñocas que tamén seguimos atopando no noso patio.

* A grande maioría dos alumnos e alumnas desta clase son castelán falantes, por iso, aínda que eu, a mestra, fálolles en grande grupo en galego, utilizo o castelán cando me dirixo individualmente a cada un/ha deles/as, sobre todo con aqueles nenos/as que non coñecían previamente o galego. Ademais todo o traballo de lectoescritura o facemos, por esta mesma razón, en castelán.



page | by Dr. Radut