Dende o departamento de Educación Física este curso traballamos o Programa "Coñece o teu deporte" co obxectivo de fomentar estilos de vida saudables entre os nosos alumnos/as mediante a práctica deportiva.
Nel, os nosos alumnos7as achegaranse ás distintas modalidades deportivas, coñecerán as súas normas e poderán experimentar a súa práctica, da man dos especialistas invitados (adestradores e deportistas profesionais) que nos visitarán nas nosas sesións, ao longo do curso.
Esperamos que este achegamento aos distintos deportes sirva para animar a todos os nenos/as a practicar deporte e para conciencialos da importancia de ter unha vida activa na prevención de enfermidades e malos hábitos na adolescencia e idade adulta.
No mes de Novembro iniciamos este Programa achegándonos ao mundo do Judo e a Defensa Persoal da man de Bernardo Romay (Mestre/Adestrador Nacional de Judo e Defensa Persoal) que, xunto co seu equipo de profesores, impartiron unha sesión desta modalidade deportiva nas clases de Educación Física.