Skip to Content

Ed. Física

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A ESCALADA

O alumnado de 4º de primaria achegouse ao rocódromo de Riazon, e da man de AMI (Agrupación de montañeros independentes) puideron probar un novo deporte olímpico, a escala.

O fixeron xenial unha vez superados os medos iniciais o e o pasaron aínda mellor.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Rocódromo 4º EP

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A VELA

O alumnado de 5º de Primaria puido coñecer gracias ao programa do Concello de A Coruña, "O Atlántico parte de ti", un novo deporte olímpico, a vela. 

Non o fixeron nada mal estes regatistas de Visma.

Preme na imaxe para acceder ao álbum.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> O Atlántico parte de ti.

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A ESGRIMA

Os nenos e nenas de 3º a 6º Primaria coñeceron outro deporte olímpico, a esgrima

Nesta ocasión contamos co clube de esgrima 100 Tolos. Manel e Yan mostráronlle aos rapaces este deporte tan descoñecido nos centros educativos.

Moitas gracias aos dous e o clube 100 Tolos.

 

 

 

AXENDA OLÍMPICA FEBREIRO

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: O JUDO.

Os rapaces e rapazas seguen aprendendo sobre os Xogos Olímpicos. Desta volta tocou poñerse o quimono. O mestre de judo Juanca, do ximnasio JK de A Coruña, ensinoulles a os nenos e nenas de 4º,5 º e 6º de Primaria, este deporte olímpico e milenario.

Non o fixeron nada mal as nosas e os nosos judokas.

Moitas gracias Juanca, polo bo facer e por amosarlle ao alumnado unha alternativa máis para manterse activo a través do judo.

 

 

PREMIOS STOP ACCIDENTES

No CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma estamos de en hora boa!

De entre os centos de debuxos que fixeron os escolares de Coruña a creación de Hoaila de 6º A foi unha das 12 escollidas pola asociación STOP Accidentes para formar parte do seu calendario de 2022. Ademais, Antía de 6º A e Antía de 3º B conseguiron chegar ata a final.

MOITOS PARABÉNS PARA AS TRES!!!!

Velaí o resumo da entrega de premios que tivo lugar na Casa do Concello de A Coruña e o debuxo de Hoaila.

 

 

AXENDA OLÍMPICA XANEIRO

AXENDA OLÍMPICA DECEMBRO

 

IRENE MARTÍNEZ DINOS CAL É O FACHO OLÍMPICO DO COLE

DÍA 21 DE DECEMBRO, ÁS 10:00. IRENE MARTÍNEZ DESVELANOS CAL É O FACHO DOS XOGOS OLÍMPICOS DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

NADAL OLÍMPICO, ACTIVO E SAUDABLE

Polo Nadal non pares! Aproveita o tempo en Familia para practicar deporte, facer actividade física e comer de xeito saudable. Dende o Comité Olímpico do San Pedro de Visma queremos compartir con vós as recomendacións da OMS, para ter uns bos hábitos e gozar dunha mellor saúde.

Bo NADAL!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut