Skip to Content

Ed. Física

XA TEMOS BANDEIRA E MASCOTA

O Comité Olímpico de Visma, despois de unha votación moi axustada, escolleu a bandeira de Daniela  de 6ºB a mascota de Rubén de 6ºB como banderia e mascota para as Visma Olimpiadas. Parabéns!!!!

Moitas gracias a todos os nenos e nenas do colexio pola participación, sodes un verdadeiros artistas!!!!

 

CONCURSO: O FACHO OLÍMPICO SPV

Os Xogos Olímpicos van arrincar en San Pedro de Visma e os nenos e nenas deberán levar o Facho Olímpico dende Olimpia, en Grecia, ata o colexio. Entre todos e todas percorreremos miles de quilómetros, que nos levaran por 5 continentes, 27 paises e 32 cidades (preme AQUI para coñecer o percorrido).

Pero necesitamos o noso FACHO OLÍMPICO, e queremos que vós, as familias sexades as protagonistas.

Como?

Ata o 29 de novembro podedes facer a voso facho olímpico e entregalo no colexio.

Entre todos o fachos recibidos escollarese o FACHO OLÍMPICO SPV mediante unha votación o 3 de decembro.

AXENDA OLÍMPICA NOVEMBRO

PREPARANDO AS OLIMPIADAS EN VISMA

Xa estamos quecendo os motores en Visma para comezar coas Olimpiadas. Os nenos e nenas veron este vídeo para motivalos.

CITIUS, ALTIUS, FORTIUS!!!!

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA - SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

A EDUCACIÓN FÍSICA GUÍA O CAMIÑO.

O día da Educación Física na Rúa do CEIP San Pedro de Visma fíxose eco na prensa local da Opinión de A Coruña.

Celebramos este evento durante dous días realizando rutas de sendeirismo que ampliaban os circuitos do noso camiño de Santiago do proxecto "Sementa Camiño". As rutas realizáronse polo parque dos mariñeiros, parque Adolfo Suárez e o barrio de San Pedro de Visma. Todo unha experiencia positiva na que puxo ainda máis en valor a Educación Física na formación do alumnado no día a día.

 

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOVA DA OPINION DE A CORUÑA

 

RUTAS SENDEIRISMO SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR PRIMARIA

 Ruta creada polo alumnado de 6º de primaria en Educación Física

 

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR INFANTIL

 Ruta creada polo alumnado de 6º de primaria en Educación Física 

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA (cartelería)

CARTELERÍA DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 

RUTA SENDEIRISMO EDCUACIÓN INFANTIL

RUTA SENDEIRISMO EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

XOGOS CAMIÑO DE SANTIAGO 1º-2º PRIMARIA

PULSA NA IMAXE E ACCEDE AO LIBRO DOS XOGOS TRADICIONAIS DE SEMENTA CAMIÑO

XOGOS RURAIS VASCOS

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria xa están listos para disputar os Xogos do Camiño de Santiago. Despois da preparación adestrando as Habilidades Motrices Básicas chegou o momento de coñecer, practicar e disfrutar cos xogos tradicionais das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño do Norte de Santiago.

Na Xornada 1 practicaremos: Lokotk Bilketa, Zaku Erameta (Carreira de sacos), Carreira de Txingas (Carreira de pesas), Sokatira.

En ficheiros adxuntos podedes descargar esta ficha para colorear.

Distribuir contido


by Dr. Radut