Ola rapaces/as!
Sei que vos parece o mais normal ver mulleres/mozas/nenas practicando deporte (na tele, na rúa, no cole, etc.) pero nada mais lonxe da realidade. Non fai demasiado tempo as mulleres tiñan vetada a práctica deportiva e no mellor dos casos, esta se limitaba a unhas poucas modalidades deportivas.
Temos que agradecer á loita de moitas mulleres que hoxe poidamos elixir o deporte que mais nos gusta (a pesar de que en determinadas modalidades, aínda non se trata por igual aos homes que ás mulleres). Desgraciadamente, aínda queda camiño por andar.
Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, que celebramos o próximo mércores 8 de Marzo, propóñovos unha Misión secreta: debedes descubrir quen son estas “Pioneiras do deporte” e o porqué de estar incluídas nesta lista (algunhas son deportistas españolas e outras estranxeiras, algunhas son históricas e outras contemporáneas, pero todas influíron en que ti mais eu podamos ser deportistas hoxe en día).
Esta Misión é totalmente voluntaria (contará na Nota final como un punto positivo): deberedes entregar un traballo escrito sobre unha destas grandes mulleres (Cando e onde viviron, que deporte practicaban, por que se lles recorda, algunha anécdota, etc...). Con tódolos traballos formaremos un mural sobre “Muller e deporte”. O prazo de entrega será ata o xoves 9 de Marzo.
Que a forza vos acompañe!
GRANDES MULLERES DO DEPORTE:
- Kathrine Switzer (corredora de marathon)
- Charlotte Cooper (tenista)
- Alice Milliat (Olimpismo feminino)
- Fanny Blankers-Koen (atleta)
- Nadia Comaneci (gimnasta)
- Margot Moles (esquiadora)
- Theresa Zabell (regatista- vela)
- Miriam Blasco (judoka)
- Arantxa Sánchez Vicario (tenista)
- Blanca Fernández Ochoa (esquiadora)
- Edurne Pasabán (alpinista)
-Podedes engadir calquera outra deportista que consideredes "Pioneira dun deporte"