Skip to Content

Novas

Animaladas con arte

O pasado mércores, 20 de outubro tivemos que madrugar unha chisquiña máis do habitual (ben, houbo quen incluso non conseguíu conciliar correctamente o sono pola emoción) xa que nos desprazamos ata o parque "Marcelle Natureza", que se atopa en San Martín de Guillar no Concello limítrofe a Lugo de Outeiro de Rei. Algúns de nós xa coñeciamos as instalacións e incluso a moitos dos animais que as habitan á beira do Miño no seu curso alto, pero aínda coñecendo é todo sempre é emocionante, divertido e instructivo darse unha volta polo lugar para recoñecer ou coñecer animais como o porco vietnamita (que algún de nós se empeñou en rebautizalo como "dinamita"), a pita de auga ou a arrepiante pitón, unha serpe enorme que metía medo mirar para ela. Se queredes saber máis sobre o parque de Natureza "Marcelle" podedes picar no seguinte enlace.

Xa pola tarde, logo de encher o bandullo e de baixar a comida nun recinto de xogos que había en "Marcelle" collimos de novo o autobús para ir á capital da provincia. Non houbo que andar moito pois, como xa dixen, Outeiro de Rei está pretiño. En Lugo visitamos unha exposición de arte titulada Miradas. "Realidades, expresións, tramas" que se mostra na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural Caixa Galicia. Alí, unha monitora moi instruida e amable chamada Ruth mostrounos diferentes obras de autores galegos como Caxigueiro, de Mondoñedo ou Roberto González, de Monforte de Lemos e iniciamos un obradoiro de arte que, pola falta de tempo non poidemos rematar alí pero trouxemos os materiais para continuar traballando no colexio. Para saber máis sobre a exposición que visitamos poder premer neste enlace.

Dentro de pouco abriremos unha nova galería coas fotografías que sacamos nestra viaxe tan instructiva.

Menú de outubro

Menú de outubro

Menú

Un novo curso

Estamos a vivir o inicio dun novo curso escolar que nos levará desde setembro de 2010 ata xuño de 2011 con ilusión por aprender, compartir e, en definitva vivir experiencias que nos resulten de probeito para formarnos como persoas.

Ao longo deste curso iremos incorporando as informacións e actividades destacadas neste espazo virtual que é a páxina web do centro para que todos e todas podades seguir a actualidade do CEIP de San Clodio.

Agardamos que a información que aquí tratemos sexa útil e do voso agrado.

Distribuir contido


by Dr. Radut