Skip to Content

25 de Novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte 25 de Novembro celebrouse o día Internacional contra a violencia de xénero; como centro estamos comprometidos na educación para a Igualdade e na promoción de valores de corresponsabilidade e igualdade entre nenos e nenas, futuros homes e mulleres, polo que dende cada titoría organizamos actividades para traballar esta temática.

O Departamento de Orientación tamén quixo facer a súa pequena aportación a través de suxerencias para a lectura dos vosos fillos e fillas. Os libros recomendados pretenden fomentar a corresponsabiidade nas tarefas domésticas, a visibilización do papel da muller ao longo da historia, a ruptura cos estereotipos sobre o que se considera "ser home" e "ser muller", etc. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.

PREMEDE AQUÍ para acceder á circular.



page | by Dr. Radut