Skip to Content

BOLBORETEANDO!!

Seguimos co noso proxecto sobre a primavera e decidimos realizar unhas bolboretas. Para iso e como somos moi bos reciclando e aproveitando que estamos no programa de Voz Natura, utilizamos material de refugallo. Neste caso, rolos de papel hixiénico e cartón de galletas.

Primeiramente, unha vez que tivemos todo o material, pintamos os rolos con pincel e pintura líquida. Cada discente escolleu a cor que quería.

A continuación, fixemos boliñas de papel de seda de moitas cores para pegalas nas ás. Este último paso foi o que máis lles custou debido a que tiñan que realizar moitas e é un traballo onde se require de motricidade fina ao ter que facer un movemento moi preciso e pequeno, ademais de atención e concentración na tarefa.

Por último, puxemos uns olliños móbiles, un sorriso e unhas antenas cos limpapipas. O resultado foi espectacular e pódese ver nas nosas ventás da aula e nas fotiños.

Dende logo, encántanos bolboretear!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Bolboretas


album | by Dr. Radut